Xuventudes
As Xuventudes Socialistas relatarán en Internet o día a día da campaña electoral
Ferrol, 10 de maio de 2007.
O secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol), Julián Reina Villalón, explicou hoxe que a súa formación vén de activar a nivel galego un novo espazo en Internet a través do cal relatarán o día a día da campaña electoral que arranca esta medianoite. Nel, evidentemente, hai un espazo destacado para os socialistas da cidade e, en concreto, para o secretario xeral de XSG-Ferrol. Tan só é necesario teclear a seguinte dirección: www.xuventudessocialistas.org/blog.
Asemade, Julián Reina Villalón explicou que no mesmo foro irá desgranando algunhas das propostas do PSOE de Ferrol en materia de mocidade. Así, subliñou que para os socialistas a xuventude constitúe unha prioridade, polo que conciben esta área como transversal. É por isto que, entre os seus compromisos está a elaboración dun Plan Integral da Mocidade, que coordine as actuacións transversais en materia de xuventude en tódalas áreas do Concello.
Nesta liña, Reina concluiu asegurando que o PSOE tamén propón no seu programa electoral a creación do Consello Local da Mocidade a fin de impulsar e canalizar a participación dos mozos na definición das políticas locais deste colectivo. E, á par, fomentar o asociacionismo, o voluntariado e a implicación dos mozos nos programas de cooperación internacional.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario