Esta es la ola buena!

Esta es la ola buena!

viernes, 18 de mayo de 2007

Canido, vivienda, urbanismo, expropiaciones

Irisarri subliña que o PSOE non permitirá que o negocio inmobiliario se apropie de Ferrol a costa dos veciños
O candidato socialista considera as expropiacións de Canido como claro exemplo do que non hai que facer dende a Concellería de Urbanismo
Ferrol, 14 de maio de 2007.

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Ferrol, Vicente Irisarri Castro, destacou hoxe que “os socialistas non permitiremos que o negocio inmobiliario se adueñe da nosa cidade porque non queremos o urbanismo do ladrillo que se aplica a costa dos veciños”. O alcaldable socialista pronunciábase nestes termos durante a xuntanza que esta mañá mantivo cos veciños afectados polas expropiacións das súas casas en Canido, onde a empresa Albantur pretende construír máis de 260 vivendas. Vicente Irisarri asegurou que o barrio precisa de inversións e novas construccións, polo que a actuación prevista acabará beneficiando a Canido, pero tamén subliñou que “non se pode expulsar aos ferroláns das súas casas pagándolles catro perras”. Neste senso, o socialista non entende como nalgúns casos a compañía comezou ofrecendo 15.000 euros por algún inmoble e rematou ofertando máis de 60.000”.

Acompañado polo número tres do equipo socialista, Ramón Veloso, Vicente Irisarri afirmou que “un concello do PSOE sempre manterá informados aos veciños sobre os seus dereitos, xa que non teñen por que coñecer tecnicismos nin procesos administrativos”. Ao respecto, considera que “neste asunto non houbo sensibilidade nin xustiza social”. Engadiu que “os propietarios non foron ben asesorados dende o principio polo Concello”.

Nesta liña, lamentou que o Valedor do Pobo declarase hostil ao equipo de goberno por non darlle traslado de tódala información e expedientes, segundo lle comentaron os veciños. “Nós, pola contra, comprometémonos a ser transparentes e dialogantes e, sobre todo, a cooperar coas outras administracións”, subraiou.

Vicente Irisarri asegurou que “as expropiacións de Canido son un claro exemplo do que non hai que facer dende a Concellería de Urbanismo, posto que nosoutros queremos estar sempre do lado dos veciños en lugares de abandonalos á súa sorte”. É por isto, apuntou, que se reciben a confianza dos ferroláns o vindeiro día 27 os socialistas porán en marcha a Empresa Municipal de Vivenda e Solo, que se encargará de revisar este e outros temas deste calado.


No hay comentarios.: