Esta es la ola buena!

Esta es la ola buena!

domingo, 13 de mayo de 2007

Ensanche. Inferniño

Vicente Irisarri destaca a necesidade de emprender un plan integral de humanización do barrio do Inferniño

O candidato socialista tomou nota das reivindicacións dos veciños e trasladoulles algúns dos seus proxectos para a zona

Ferrol, 26 de abril de 2007.

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Ferrol, Vicente Irisarri, coincidiu co presidente da asociación de veciños do Ensanche A, Rafael Leira, na necesidade de acometer un plan integral de humanización do barrio. Leira asegurou que nestes últimos anos se levaran a cabo amaños puntuais de rúas ou equipamentos, pero que agora o que realmente precisa un barrio tan populoso como o presente, cunha poboación esencialmente nova, é un proxecto integral. Acompañado por Ramón Veloso, Ángel Mato e María López, números tres, cinco e sete da lista electoral, Vicente Irisarri mantivo esta tarde unha xuntanza coa directiva da entidade veciñal. Nela, o candidato socialista avanzou algúns dos seus proxectos para a zona e tomou tamén nota das reivindicacións dos residentes.

Vicente Irisarri explicou que ese plan de humanización que os socialistas recollen no seu programa electoral incluiría tanto grandes actuacións como outras de menor calado. Entre as primeiras, recuperar a praza do Río do Tronco como auténtico espazo para o esparcimento dos veciños, e a creación do parque urbano do Palco das Ánimas. Entre as segundas, anchear as beirarrúas ou arranxar rúas en moi mal estado.

O candidato socialista indicou que unhas e outras servirían para revitalizar o barrio e facelo máis acolledor e habitable. De tódolos xeitos, Vicente Irisarri apuntou que a desta tarde será a primeira dunha serie de contactos que manterán de xeito fluído. O obxectivo non é outro, segundo o alcaldable do PSdeG-PSOE, que coñecer permanentemente as necesidades dos veciños para tentarlles dar solución. Unha vía de comunicación que, de gañar as eleccións, será máis que hábil a través da creación da concellería de Participación Cidadá.


No hay comentarios.: