Esta es la ola buena!

Esta es la ola buena!

miércoles, 23 de mayo de 2007

Igualdade, red de canguros

O PSOE creará un servizo municipal de canguros e promoverá a construcción de garderías para conciliar familia e traballo
Irisarri avanza que porá a disposición das víctimas de maltrato profesionais que as acompañen a formular a denuncia e as asesoren sobre os pasos a dar

Ferrol, 21 de maio de 2007.

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Ferrol, Vicente Irisarri Castro, asegurou hoxe que a igualdade entre homes e mulleres será unha das súas prioridades de goberno se recibe a confianza dos veciños o próximo domingo. Como tamén o será rematar coa indefensión das víctimas de maltratos. E, no primeiro caso, un dos seus obxectivo será facilitar a conciliación da vida familiar e laboral. ¿Como? Entre outras medidas, Vicente Irisarri avanzou que promoverá a construcción de garderías e centros de ocio para menores, á par que implantará un auténtico servizo municipal de canguros. Neste senso, o socialista sinalou que dende o Concello tamén se favorecerán políticas de emprego tendo en conta a perspectiva de xénero, fomentando accións positivas de inserción laboral e potenciando o traballo autónomo.

Outra das liñas prioritarias de actuación para o socialista será a implantación, con tódalas garantías, da Lei de Medidas Integrais contra a Violencia de Xénero, asegurando a confidencialidade e intimidade da muller, á que se prestará axuda dende o momento mismo do primeiro contacto cos servizos do Concello ata a súa plena inserción social. Para isto, o socialista explicou que o Concello porá persoal a disposición da muller para que a acompañe a formular a denuncia e, no seu caso, para pasar o exame médico oportuno. Os mesmos traballadores tamén se ocuparán de tramitar as medidas de protección oportunas en coordinación coas Forzas de Seguridade, de informar ás víctimas dos seus dereitos e de garantir, en todo caso, a súa intimidade. Asemade, o Concello coordinará tódalas prestacións e servizos que poidan beneficiar ás víctimas e aos seus fillos.

Nesta liña, Vicente Irisarri se comprometeu a pór a disposición das víctimas de maltrato unha verdadeira casa de acollida que reúna as condicións adecuadas para garantir a seguridade tanto das mulleres como dos menores que acudan a misma. Así, disporá de persoal adecuado as 24 horas do día e os 365 días do ano. Nesta liña de actuación, o Concello de Ferrol activará programas e medidas de carácter educativo, establecendo campañas de colaboración e información con tódalas capas da sociedade e, en especial, cos centros escolares. Asemade, o goberno local desenvolverá, en coordinación coas administracións da Xunta de Galicia e do Goberno central, todas as medidas integrais nesta materia. Incluso no eido sanitario e da formación.

Vicente Irisarri engadiu que tamén pretende impulsar a paridade na composición dos órganos do Concello e constituír a mesa de igualdade, onde participarán as asociacións de mulleres ou mulleres individualmente. Ao respecto, asegurou que contará con representación destacada no Consello de Participación Cidadá.

En definitiva, o alcaldable do PSOE ratificou a súa aposta decidida por facer da igualdade entre homes e mulleres un pilar básico das políticas socialistas, coas que sempre estivo comprometido o partido que representa e como proban proxectos lexislativos como a Lei de Medidas Integrais contra a Violencia de Xénero ou a Lei de Igualdade.


No hay comentarios.: