Esta es la ola buena!

Esta es la ola buena!

viernes, 18 de mayo de 2007

Esmelle

Vicente Irisarri comprométese a dotar á parroquia de Esmelle do servizo de alcantarillado
O socialista asegura que centrará os seus esforzos en equiparar os servizos do rural cos que desfrutan os residentes na zona urbana

Ferrol, 12 de maio de 2007.

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Ferrol, Vicente Irisarri Castro, asegurou hoxe que a súa prioridade para o rural será equiparar os seus servizos aos da zona urbana. “Ese”, apuntou, “é o norte que nos debe guiar”. O alcaldable socialista, que hoxe á tarde mantivo un encontro cos veciños de Esmelle, subliñou que “é unha obriga nosa e un dereito dos residentes”. “A iguais impostos, iguais servizos”, engadiu.

Vicente Irisarri coincidiu cos veciños en que dotar de alcantarillado a Esmelle terá que ser a actuación máis urxente a acometer se o socialista recibe a confianza dos cidadáns o vindeiro 27 de maio. Asemade, destacou a necesidade de dotar as vías principais da zona rural de beirarrúas. Para o socialista, trátase dunha cuestión de seguridade, xa que a diario nenos e maiores circulan pola propia estrada, a escasa distancia dos vehículos. Tamén, executar obras de conservación e mantenemento nas estradas e camiños, o que implica eliminar a maleza dos arcéns e dotar de puntos de luz as vías, entre outras medidas.

Asemade, o candidato socialista subliñou que tentaría mellorar o transporte colectivo, xa que os veciños de Esmelle creen insuficientes os tres autocares que a diario dan servizo á zona. Unha situación que obriga aos residentes a dispor de dous turismos por casa na maioría dos casos segundo se lamentaron.

Por último pero como prioridade, Vicente Irisarri destacou a necesidade de potenciar a participación cidadá como elemento clave para conectar a acción de goberno coas necesidades das persoas. Nesta liña, o socialista explicou que recuperará a Concellería de Participación Cidadá e que o seu principal obxectivo neste senso será que, antes de adoptar calquer decisión dende o Concello, se teña en conta a opinión dos afectados.


No hay comentarios.: