Xuventudes Socialistas
Xuventudes Socialistas súmase á movida nocturna para explicar as súas propostas de ocio aos mozos
Ferrol, 11 de maio de 2007.
As Xuventudes Socialistas sairán de marcha este sábado polo noite para explicar aos mozos de Ferrol algunhas das principais medidas do PSdeG-PSOE en materia de ocio e entretenemento. Pero non será a súa única finalidade, xa que tamén se equiparán con bolsas para facilitárllelas aos ferroláns que celebren botellón para que poidan depositar nelas os restos da festa, como botellas ou vasos. O secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol), Julián Reina Villalón, subliñou que os mozos precisan de espazos adecuados para organizar este tipo de actividades, aínda que o Concello nada fixo ao respecto.
Na súa opinión, ignorar a realidade do botellón non conduce a ningures. Pola contra, é preciso ordealo para conseguir que os veciños non se vexan perxudicados por este fenómeno. Así, a partires das 23.30 horas de mañá, sábado 12 de maio, os mozos das Xuventudes Socialistas da cidade partirán do monolito na honra de Pablo Iglesias para percorrer o Cantón e outras zonas da urbe onde os ferroláns practican habitualmente o botellón.
Por outra banda, Julián Reina asegurou que tralas horas do botellón se dirixirán ás discotecas, pubs e prazas para repartir condóns e insistir na necesidade de practicar o sexo seguro.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario