Esta es la ola buena!

Esta es la ola buena!

viernes, 18 de mayo de 2007

Economía

O PSOE non entende a euforia do goberno local ao incumplir o Plan de Saneamento case duplicando a débeda financieira
Irisarri comprométese a presentar os presupostos no seu prazo legal e destinar unha inversión mínima do 7% dos orzamentos municipais
Ferrol, 16 de maio de 2007.

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Ferrol, Vicente Irisarri Castro, asegurou hoxe que, a tenor das cifras, non entendía as razóns que levan ao equipo de goberno a presentar unha xestión económica triunfalista con motivo da liquidación do exercicio do 2006 e da presentación dos presupostos para este 2007. Acompañado por Ramón Veloso, número tres da candidatura socialista, Vicente Irisarri explicou que o goberno local incumpliu o Plan de Saneamento Financieiro que por lei tivo que pór en marcha hai catro anos ao existir un aforro neto negativo. E explicáronse: “o obxectivo que se marcaban era sanear as contas municipais e previan ter 19,9 millóns de deuda financieira a 31 de decembro de 2007, pero nos orzamentos do 2007 admiten que pecharán o exercicio cunha débeda de 36 millóns de euros”.

Irisarri apuntou que a pesares da euforia que sempre embarga ao equipo de goberno cando fala de política financieira, o certo é que os deberes se están a facer tarde neste capítulo. Nesta liña, o alcaldable socialista mostrou a satisfacción do seu partido polo aumento da recadación municipal, xa que repercute positivamente nos ferroláns, pero tamén quixo lembrar por que se produce esa mellora. En primeiro lugar, apuntou que é froito das medidas organizativas postas en marcha no anterior mandato municipal, coa creación do Imfacofe. Tamén resposta ao cambio do sistema de financiación dos municipios cunha poboación superior aos 75.000 habitantes, así como á revisión catastral, que permite un incremento da recadación do IBI, cunha actualización do 10% anual derivada da mesma.

Pola súa banda, Ramón Veloso descartou punto por punto que se cumprise durante os últimos catro anos o Plan de Saneamento Financieiro, baseado no establecemento de medidas de xestión, tributarias, financieiras e presupuestarias. Respecto ás primeiras e ás orzamentarias, o número tres do PSOE asegurou que só se podía falar de fracaso, xa que o presuposto do 2005 foi prorrogado, o do 2006 apróbase xa transcurrido case que todo o exercicio, e o do 2007 acaba de ser aprobado. En relación ás medidas financieiras, insistiu en que o goberno local preveía pechar a 31 de decembro de 2007 cunha débeda financieira de 19,9 millóns, cando na actualidade está presupuestada en 36 millóns. As cifras, para Veloso, din todo por si soas. E, nesta liña, indicou que van supor uns gastos financieiros que poden mermar a capacidade de inversión dos presupostos. Ao respecto, Vicente Irisarri lembrou que no seu día, cando estaba asfixiado por acreedores, o Concello actuou intelixentemente pasando a débeda a curto prazo a longo prazo. O problema, engadiu, é que a partires de agora, tras dous anos de carencia, haberá tamén que pagalo principal dos préstamos.

Cidade implicada na Defensa Nacional
Centrándose nas contas para o 2007, Ramón Veloso destacou catro características dos presupostos: preséntanse unha vez transcorridos case que seis meses de execución e case que un ano despois do período legal, dando tan só unha semana aos grupos da oposición para o seu análise; non traen consigo crecemento presupuestario con respecto ao 2006, pois se traballa con cifras que non son homoxéneas (no 2007 inclúense 4,2 millóns de transferencias de capital que corresponden ao IGVS (2 millóns; fondos europeos, 1,6 millóns; Xunta, 201.000 euros e Deputación da Coruña, 339.263 euros) para financiar a rehabilitación da Magdalena, para actuacións na Malata ou mesmo na Praza Vella); é continuista, unha especie de prórroga encuberta só aprobada por motivos electorais para cubrir o expediente que non inclúe unha reflexión sobre as necesidades dos cidadáns, e reduce as inversións reais, xa que illadas as anteriores transferencias de capital das outras administracións públicas, o volume cae ata 1,8 millóns de euros. Neste último punto, Ramón Veloso lembrou que no 2006 se presupuestaron 4,8 millóns, polo que a diminución elévase a tres millóns.

Pola contra, Vicente Irisarri presentou outro xeito de facer política económica e avanzou algúns dos seus principais aspectos. Entre eles, anunciou que aprobará anualmente e en prazo os presupostos para permitir a planificación das políticas municipais de cultura, benestar ou emprego. Para iso, destacou que será necesario crear a Oficina Presupuestaria, organismo que tamén realizará un control adecuado da execución orzamentaria. Nesta liña, prevé constituír a Unidade de Contratación Administrativa, que dará transparencia á adxudicación de obras e servizos. Asemade, o socialista aboga por dedicar un mínimo do 7% do orzamento a inversións e reducir o endebedamento ata o 75% dos dereitos líquidos anuais, que actualmente supera o 94%.
Ramón Veloso apuntou que será unha prioridade para os socialistas colaborar coas outras administracións para realizar proxectos que sobrepasen a capacidade financieira municipal, así como xogar un papel activo na próxima reforma de financiación municipal para que se teñan en conta as especiais características de cidade implicada na Defensa Nacional.

En definitiva, os socialistas subliñaron que o seu obxectivo pasa por crear a base organizativa e económica adecuada para poder realizar políticas culturais, sociais, de urbanismo, medio ambiente ou emprego que o PSOE considera necesarias para os veciños, que farán un Ferrol cohesionado socialmente, de crecemento e respetuoso co medio. Un Ferrol para vivir, concluiron.


No hay comentarios.: