Esta es la ola buena!

Esta es la ola buena!

domingo, 13 de mayo de 2007

Recimil

Irisarri comprométese a pechar o convenio con Vivenda e iniciar por fases a rehabilitación de Recimil

Avanzou á directiva da asociación de veciños do Pilar a súa intención de fundar a Empresa Pública de Vivenda e Solo para abordar o proxecto

Ferrol, 24 de abril de 2007.

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Ferrol, Vicente Irisarri Castro, subliñou hoxe que, de gañar as vindeiras eleccións de maio, acelerará os trámites para pechar o convenio coa Consellería de Vivenda e Solo e iniciar o antes posible e por fases a rehabilitación de Recimil. O socialista expuxo este e outros proxectos ao presidente da asociación de veciños do Pilar, Jesús Caselas, e demáis directiva da entidade, coa que mantivo esta tarde unha xuntanza. Na mesma, tamén participaron Mercedes Carbajales e Ramón Veloso, números dous e tres da lista electoral respectivamente. Todos eles realizaron un percorrido polas rúas do barrio, no que Caselas lles foi relatando os seus principais problemas.

Vicente Irisarri apuntou que un dos seus obxectivos será a rehabilitación e consolidación de Recimil, facendo dun conxunto de notable interese arquitectónico un barrio habitable e confortable. A recuperación das vivendas, subliñou, realizaráse dotándoas dos servizos necesarios, e extenderáse tamén a todo o espazo público e aos seus equipamentos. Paralelamente, o candidato socialista avanzou que dende o Concello se revisarán as condicións de aluguer existentes. Así, comprometeu unha xestión honesta e cargada de traballo. De feito, avanzou que os seus plans inclúen a creación da Empresa Pública de Vivenda e Solo para atacar proxectos como o de Recimil.

Asemade, o candidato socialista asegurou que a de hoxe será a primeira das reunións que manteñan nos vindeiros anos, xa que a súa intención pasa por practicar unha política de portas abertas dende o Concello. Para iso, explicou que tratará coa xente os seus problemas e que, nesa tarefa, non estará só, xa que o acompañará un equipo preparado e con experiencia.


No hay comentarios.: