Esta es la ola buena!

Esta es la ola buena!

domingo, 13 de mayo de 2007

Transporte público

Xuventudes Socialistas propoñen fomentar o transporte público ampliando rutas e frecuencias

Julián Reina aboga por dotar ás marquesinas con tódala información sobre os horarios dos buses que circulan por Ferrol

Ferrol, 26 de abril de 2007.

O secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Galicia), Julián Reina, destacou hoxe a necesidade de establecer na cidade unha liña de transporte urbano de calidade, cun maior número de rutas e cunha maior frecuencia. Nesta liña, Reina apuntou que outra medida a asumir para reducir o uso do vehículo particular pasaría por dotar ás marquesinas con tódala información necesaria sobre os percorridos e os horarios dos autocares.

Julián Reina e Sofía Vázquez, responsable de Medio Ambiente de XSG-Ferrol, subliñaron que o goberno municipal dirixido polo popular Juan Juncal debería fomentar non só o transporte urbano senón tamén as enerxías limpas como puntos básicos para diminuír os problemas dos ferroláns asociados á mobilidade (atascos, contaminación...), actuacións que na súa opinión non se levaron a cabo durante estos últimos catro anos.

Asemade, Sofía Vázquez censurou “a inexistencia de conexións entre os distintos carrís-bici da cidade”, polo que “a cidadanía e, especialmente os mozos, non poden, aínda que quixeran, circular con normalidade por Ferrol en bicicleta”.

“Trocar o automóvil pola bicicleta non é unha alternativa real nestes momentos na cidade”, subliñaron os socialistas, para engadir que “sería de todo posible se en verdade lle interesara ao actual goberno local”.


No hay comentarios.: