Vicente Irisarri
Irisarri abandoa a presidencia de Portos para adicarse en exclusiva a explicar os seus proxectos para os ferroláns
O candidato socialista solicitou o seu relevo á conselleira de Política Territorial, María José Caride, que levará a decisión ao Consello da Xunta
Ferrol, 02 de maio de 2007.
Vicente Irisarri Castro presidiu hoxe en Corcubión o seu último Consello de Administración de Portos de Galicia, xa que decidiu abandoar esta ocupación para adicarse en exclusiva e a tempo completo a explicar os seus proxectos e propostas de futuro para Ferrol e os seus cidadáns. O candidato socialista á Alcaldía explicou que hai uns días lle solicitou á conselleira de Política Territorial, María José Caride, o seu relevo ao fronte de Portos de Galicia. Unha petición da que a responsable autonómica se fixo eco e que mañá mesmo levará ao Consello da Xunta, onde se oficializará.
Irisarri Castro deu conta do seu relevo esta mesma mañá en Corcubión, onde se celebrou o Consello de Administración de Portos de Galicia e onde se deu conta das importantes intervencións realizadas nos últimos tempos nas instalacións portuarias desta vila, de Fisterra, de Muxía e de Muros. O candidato socialista asegurou que centrará os seus esforzos en achegar as súas iniciativas a tódolos ferroláns, polo que precisaba dispor das 24 horas do día para tal fin.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario