Esta es la ola buena!

Esta es la ola buena!

viernes, 18 de mayo de 2007

Teléfono SOS social

O PSOE comprométese a crear o teléfono SOS social para recoller as necesidades dos ferroláns as 24 horas

O candidato socialista Vicente Irisarri explica que estará operativo os 365 días do ano sen custe algún para os usuarios

Ferrol, 05 de maio de 2007. O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Ferrol, Vicente Irisarri Castro, avanzou hoxe que, se recibe a confianza dos cidadáns na vindeira cita electoral, porá a disposición dos veciños o teléfono SOS social. Un servizo pensado para recoller as demandas e canalizar as necesidades dos ferroláns en materia social. O socialista explicou que as chamadas serán gratuitas e que sempre haberá alguén ao outro lado do auricular as 24 horas do día, os 365 días do ano. Os usuarios poderán recurrir a el para comunicar emerxencias de carácter social, como denunciar casos de violencia de xénero; para recibir información como os requisitos a reunir para beneficiarse da Lei de Dependencia ou as axudas destinadas para a rehabilitación de toxicómanos, ou mesmo solicitar determinados servizos como o de teleasistencia, entre outras moitas funcións.

Vicente Irisarri apuntou que o teléfono SOS será unha das moitas iniciativas que incluirá na súa política social. Área á que os socialistas confiren un protagonismo capital. Así, explicou que outro dos seus proxectos máis ambiciosos será habilitar un edificio que albergue a rede social. Isto é, que constitúa un espazo de convivencia para as distintas idades, promovendo actividades conxuntas entre sectores deferentes da poboación: dende os máis mozos ata a terceira idade. Acollería espazos para talleres, para ocio e para o acceso ás novas tecnoloxías, entre outros.

Beatriz Sestayo, coordinadora do programa electoral en materia social, engadiu que a nova Lei de Dependencia será clave na concepción dos servizos sociais para o novo equipo de goberno que saia das urnas o día 27. Así, subliñou que os socialistas promoverán as medidas políticas que garantan a atención e asistencia permanente do colectivo afectado. E, nesta liña, asegurou que o PSOE implantará un plan local de autonomía persoal á par que desenvolverá o catálogo de servizos da normativa. Por outra banda, concluiu asegurando que tamén darán un impulso decidido a certos servizos que na actualidade se prestan no Concello, aínda que non nas condicións desexables, como o de asistencia domiciliaria e o de teleasistencia.


No hay comentarios.: