Casa da Xuventude
Julián Reina censura a incapacidade do Concello de Ferrol para habilitar unha Casa da Xuventude
O secretario xeral das Xuventudes Socialistas invita ao concelleiro responsable a consensuar cos mozos os usos do futuro inmoble
Ferrol, 18 de abril de 2007.
O secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol), Julián Reina, censurou hoxe a incapacidade do Concello para cumprir os compromisos contraídos coa mocidade e pór á súa disposición unha auténtica Casa da Xuventude. Reina lembra que o concelleiro do ramo, José Manuel Rey, se marcara como “un dos poucos proxectos para a xente nova a construcción deste inmoble” e que, a menos de mes e medio para rematar a lexislatura, “non se produciu ningún avance”.
Julián Reina criticou a nula xestión e a falta de políticas postas en práctica polo Concello para os mozos e, nesta liña, apuntou como un dos motivos que José Manuel Rey, tamén edil de Economía, Facenda, Promoción Económica e Emprego, estivo máis centrado noutras áreas. “Aínda así, non sabemos en cales a tenor dos resultados”, engadiu.
O secretario xeral das Xuventudes Socialistas criticou tamén que o Concello non realizase consulta algunha entre os distintos colectivos xuvenís da cidade sobre os posibles usos para esa prometida Casa da Xuventude, e confiou en que o concelleiro responsable reconduza a súa actitude e dé voz e voto aos interesados antes de adxudicar a obra.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario