Esta es la ola buena!

Esta es la ola buena!

sábado, 12 de mayo de 2007

Puerta a puerta

Os socialistas de Ferrol trasladarán “porta a porta” os seus proxectos para a cidade

Integrantes da lista liderada por Vicente Irisarri e afiliados do PSOE realizarán visitas periódicas aos barrios, a primeira ao de Caranza

Ferrol, 17 de abril de 2007.

Os socialistas de Ferrol pretenden escoitar a todos e cada un dos veciños de Ferrol e, conscientes de que non todos forman parte de asociacións e colectivos, decidiron poñer en marcha o “porta a porta”. Unha iniciativa pola que patearán as rúas da urbe, visitarán locais comerciais e hosteleiros e chamarán á porta dos fogares dos ferroláns. Miguel García Corral, responsable de Movilización Electoral do PSOE local e número 14 da lista electoral que encabeza Vicente Irisarri, avanzou que mañá mesmo comezarán esta particular campaña no barrio de Caranza.

García Corral explicou que será un equipo integrado por membros da candidatura e afiliados socialistas da zona, o que se encargue de trasladar o proxecto do PSOE a partires das 11 horas de mañá. ¿O punto de arranque? A zona do Auditorio municipal. “Confiamos en chegar ao 100% dos veciños de Caranza”, sinalou, para engadir que “estaremos tres días por toda a zona: mércores, xoves e venres”. Nesta liña, apuntou que os socialistas seguirán a mesma dinámica en tódolos barrios de Ferrol.

O responsable de Movilización subliñou os principais obxectivos desta iniciativa: “establecer un contacto directo coa cidadanía, queremos saír á rúa e coñecer o que lle preocupa á xente para incorporalo ao noso ideario”. Para isto, García Corral indicou que, ademáis de expor as políticas do PSOE, tomarán nota dos principais problemas a solventar en opinión dos veciños.


No hay comentarios.: