Plaza de España
Caride explicará na Cámara a situación urbanística da praza de España de Ferrol a instancias dos socialistas
A conselleira de Política Territorial dará resposta en pleno a unha pregunta parlamentaria da deputada autonómica Beatriz Sestayo
Ferrol, 07 de maio de 2007.
A conselleira de Política Territorial, María José Caride, explicará no Parlamento galego a situación urbanística na que queda a praza de España de Ferrol despois da resolución recaída pola Dirección Xeral de Urbanismo respecto á modificación de usos. Deste xeito, a responsable autonómica dará resposta no pleno desta semana a unha pregunta parlamentaria presentada pola deputada socialista Beatriz Sestayo, que lembra que o goberno municipal ferrolano ordeou a construcción dun edificio de 21 metros nun espazo declarado para usos viarios, amosando o seu absoluto desprezo á normativa urbanística da cidade. Nesta liña e a pesares das críticas dos socialistas e do conxunto da cidadanía de Ferrol, o goberno municipal seguiu con esta actuación. Unha situación que incluso continúa a xulgar polas declaracións realizadas polo goberno municipal incluso coa orde de paralización dictada no seu día sobre as obras con destino a ese edificio.
Na súa pregunta, a parlamentaria galega indica que a resolución dictada por Política Territorial declara a licencia nula de pleno dereito, o que repercute loxicamente na concesión. Por isto e co fin de evitar aos cidadáns de Ferrol mensaxes equivocados sobre a situación dunha praza fundamental para a urbe, Beatriz Sestayo tramita a citada pregunta parlamentaria para a súa resposta en pleno.
A deputada autonómica considera unha absoluta irresponsabilidade as declaracións realizadas polo goberno municipal dando información errónea aos cidadáns. Recorda que o edificio non é legalizable toda vez que a licencia é nula, có que a satisfacción do goberno municipal só pode ser imputable ao descoñecemento absoluto da normativa urbanística, á falta de lectura da resolución ou á irresponsabilidade pola proximidade da cita electoral.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario