Esta es la ola buena!

Esta es la ola buena!

viernes, 18 de mayo de 2007

Participación ciudadana

Irisarri comprométese a crear a figura do Valedor Municipal para canalizar as queixas dos veciños

O candidato socialista expuxo aos representantes de Roi Xordo os seus proxectos para facilitar a participación cidadá no Concello

Ferrol, 28 de abril de 2007.

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Ferrol, Vicente Irisarri Castro, comprometeuse a crear a figura do Valedor Municipal para canalizar as queixas dos veciños ante as distintas concellerías e emitir recomendacións ás mesmas co obxecto de mellorar o seu funcionamento e subsanar posibles erros. Así o anunciou o socialista durante o encontro que mantivo con representantes da Federación Veciñal Roi Xordo ó que tamén asistiron Ramón Veloso, Beatriz Sestayo e Manuel Santiago, números tres, catro e seis da lista electoral coa que concorrerá o PSOE ás vindeiras eleccións de maio.

Irisarri Castro avanzou que o Valedor terá a capacidade de declarar hostil determinadas accións de goberno, así como que rendirá contas ante o pleno. Asemade, o candidato socialista destacou que, de gañar os comicios, asumirá o compromiso ético de cumprir as súas recomendacións. De tódolos xeitos, non será a única iniciativa dos socialistas para fomentar a participación cidadá. Beatriz Sestayo destacou tamén a posta en marcha da Oficina de Atención Cidadá como punto de información, recepción de suxestións e reclamacións. Un organismo que evitará os múltiples desprazamentos dos veciños polas concellerías na búsqueda dunha resposta. Neste senso, a tamén deputada autonómica subliñou que a intención dos socialistas pasa por potenciar o uso de medios telemáticos para que os ferroláns nin sequera teñan que acudir ao Concello para realizar determinadas xestións.

Nesta liña, Beatriz Sestayo tamén explicou que o seu partido proponse elaborar unha Carta Municipal de Dereitos da Cidadanía, na que se recollan aqueles dereitos dos ferroláns esixibles á Administración, os mecanismos para facelos valer e as consecuencias do seu incumprimento.

Consellos sectoriais

Neste contexto, Vicente Irisarri lembrou que será fundamental a creación da Concellería de Participación Cidadá, como xa ten anunciado, aínda que haberá outros foros nos que a implicación dos veciños será decisiva. Así, indicou que os socialistas porán en marcha consellos sectoriais que funcionarán como foros de debate nas distintas áreas de goberno. Como exemplo, Ramón Veloso apuntou o eido económico. Neste senso, explicou que propiciarán uns orzamentos participativos, onde os ferroláns realicen as súas aportacións sobre o destino dos fondos. Asemade, Ramón Veloso asegurou que o seu partido establecerá un calendario de reunións periódicas co obxecto de evitar situacións como a actual, onde os órganos de participación existen pero non se convocan.


No hay comentarios.: