Menáncaro!!
Irisarri censura que o goberno local seguise adiante co proxecto de Menáncaro cos informes contrarios da Xunta
A deputada autonómica Beatriz Sestayo critica que o equipo de goberno de Ferrol negue a voz aos cidadáns que debería representar
Ferrol, 20 de abril de 2007.
O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Ferrol, Vicente Irisarri Castro, mostrou hoxe “o seu asombro polo descaro do grupo de goberno e a falta de respeto ás normas que está a demostrar na última fase do mandato”. Vicente Irisarri considera “inconcebible que cos informes negativos das consellerías de Política Territorial e de Medio Ambiente o goberno municipal se atreva a seguir adiante co proxecto de urbanización de Menáncaro”. Nestas circunstancias, apunta que “o feito de que algún informe se emitise fóra de prazo non ten a menor relevancia cando se examina o fondo da cuestión”.
Neste contexto, Vicente Irisarri lamenta “a pesada herdanza que as actuacións urbanísticas do señor Juncal e do señor Fernández lle están deixando a tódolos ferroláns”. Para corrixir estes disparates urbanísticos, o candidato socialista está seguro de que “haberá que recurrir ás arcas municipais, as de tódolos cidadáns, na próxima lexislatura, dado que se os ferroláns outorgan a súa confianza ao PSOE, sen dúbida algunha, nin o edificio da praza de España nin a actuación en Menáncaro se levarán a cabo”. Neste senso, Vicente Irisarri considera que todo isto “non é máis que un reflexo de quen ve con toda seguridade que non vai estar xa na dirección desta cidade na próxima lexislatura e pouco lle importan os intereses dos seus representados”.
O candidato socialista tamén lamentou que “a insensibilidade ambiental e urbanística do equipo de goberno se extenda tamén aos veciños de Ferrol, aos que se negan a escoitar e tamén o dereito a seguir en directo o pleno onde se aprobou esta incomprensible actuación”.
Ampla lista
Pola súa banda, a deputada autonómica e número catro da lista electoral do PSOE de Ferrol, Beatriz Sestayo, insistiu na oposición da súa formación ao proxecto, xa que vulnera a normativa urbanística. En contrapartida ao mal deseñado modelo de cidade de PP e IF, a parlamentaria galega sostén que o modelo socialista caracterízase pola protección ao medio ambiente e o respeto á singularidade paisaxística de Ferrol, “constituíndo un elemento de riqueza para a cidade que algúns se empeñan en destruír”. Así, Sestayo apunta que “o proxecto de Menáncaro se une a unha ampla lista de disparates urbanísticos que dan prioridade a intereses particulares escasos, neste caso beneficiando incluso a algún membro do goberno, frente ao interese xeral”. Unha actitude, cando menos eticamente reprobable.
Beatriz Sestayo concluiu destacando que “Juncal decidiu alinearse coa rama máis extrema do PP, denegando a voz aos ferroláns que debería representar”. “A crispación de Xénova parece que chega a Ferrol”, finalizou.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario