Esta es la ola buena!

Esta es la ola buena!

viernes, 18 de mayo de 2007

Ley de Dependencia. AFAL. TAC

Irisarri comprométese a desenvolver como acción prioritaria do seu goberno a nova Lei de Dependencia

O socialista explicou as ventaxas da normativa aos membros de AFAL, a asociación de familiares de enfermos de alzheimer

Ferrol, 07 de maio de 2007.

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Ferrol, Vicente Irisarri Castro, avanzou hoxe que os familiares que coidan a persoas dependentes, aquelas que non se poden valer por si mesmas, recibirán unha prestación próxima aos cincocentos euros mensuais, ademáis do custe da cotización á Seguridade Social, conceptos que corren a cargo da Administración. Un anuncio que os membros de AFAL (asociación de familiares de enfermos de alzheimer) valoraron moi positivamente durante a xuntanza que esta tarde mantiveron co alcaldable socialista e outros membros do seu equipo. Irisarri engadiu que a prestación por coidado familiar equipárase en cuantía a outras como a mínima de xubilación ou viuvidade, así como que ao ter que darse de alta na Seguridade Social, os beneficiarios terán dereito a poder recibir a prestación correspondente.

Nesta liña e de recibir a confianza dos ferroláns na próxima cita coas urnas, Vicente Irisarri subliñou o seu compromiso de desenvolver, como acción prioritaria, a Lei de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia (normativa coñecida popularmente como Lei de Dependencia), promovendo as medidas políticas que garantan a atención e asistencia permanente deste colectivo. Así, anunciou que os socialistas implantarán un plan local de autonomía persoal e elaborarán o catálogo de servizos da norma.

O candidato socialista, que avanzou que este venres o seu partido celebrará no local de campaña unha charla aberta a tódolos cidadáns para explicar os detalles da nova lei, tamén indicou que a cuantía definitiva que percibirá o cuidador familiar estará determinada polo grao e nivel de dependencia do beneficiario. Neste marco, o Goberno central e as autonomías cofinanciarán a prestación.

Pola súa banda, Beatriz Sestayo, número catro da lista electoral socialista e deputada autonómica, afirmou que a norma, aprobada por unha ampla maioría nas Cortes e cuia entrada en vigor tivo lugar o pasado 1 de xaneiro, establece un novo dereito da cidadanía en España: o das persoas maiores e daquelas outras con discapacidade que non se poden valer por si mesmas a ser atendidos polos poderes públicos, creando o Sistema de Dependencia. A través do mesmo, engadiu, as persoas dependentes terán garantido o acceso aos servizos sociais (tales como axuda a domicilio, centros de día, teleasistencia ou prazas residenciais) e prestacións económicas (tanto para o coidador familiar como para o asistente persoal, segundo o caso).

Por último, Sestayo lembrou que hoxe mesmo se abriu o prazo para solicitar a valoración de dependencia. Un trámite que se pode realizar chamando ao teléfono gratuito da Xunta 900 333 666, onde se dá conta dos centros onde se facilita a información precisa e os impresos necesarios, ou descargando a solicitude vía Internet, na dirección: www.benestargaliza.org.

Segundo TAC

Asemade e ao marxe da Lei da Dependencia, Ramón Veloso, número tres da lista electoral, avanzou que a curto prazo o Sergas porá en servizo consultas específicas para enfermos crónicos, así como que os responsables sanitarios iniciarán unha rolda de reunións co obxecto de coordinar os servizos de saúde mental e neuroloxía para atender a pacientes agudos. Por último, o número tres do PSOE ferrolán anunciou que a finais de ano entrará en servizo un segundo TAC, o que facilitará o diagnóstico deste tipo de doenzas.


No hay comentarios.: