Esta es la ola buena!

Esta es la ola buena!

viernes, 18 de mayo de 2007

Recollida de animais

O PSOE censura que o edil de Sanidade ignore por que prescindiu da empresa encargada da recollida de animais

O concelleiro socialista Alfredo Rodríguez, que critica a falta de información por parte do Concello, levou o asunto a comisión tras recibir queixas cidadás

Ferrol, 05 de maio de 2007.

O concelleiro socialista Alfredo Rodríguez considerou inconcebible que o edil de Sanidade, Mercados e Consumo ignore as causas polas que prescindiu dos servizos da empresa encargada da recollida de animais. Un tema da súa competencia. Rodríguez explicou que nos últimos días o grupo municipal do PSdeG-PSOE recibiu as queixas de diversos particulares asegurando que a clínica veterinaria lles informara, ao requerir os seus servizos, que o Concello prescindira deles. Así, o socialista decidiu levar levar o asunto á Comisión de Sanidade. Preguntado o edil responsable nesta materia sobre a cuestión, respondeu que tiña constancia do cambio de empresa pero que fora unha decisión do responsable de Facenda e que non sabía en base a que termos se fixera o cambio. Deste xeito, concluiu que sería mellor trasladar as dúbidas a outra comisión.

Así as cousas, o grupo municipal socialista, a través de Alfredo Rodríguez, quere facer constar que non ten coñecemento dos cambios producidos no servizo de recollida de animais en ningunha comisión, polo que amosa a súa sorpresa ante o feito de que o concelleiro da Sanidade non dispoña dos datos concretos da actual situación, tendo en conta que é un tema que afecta á súa área.

En calquera caso e tras criticar a falta de información por parte do Concello, o grupo municipal socialista pensa levar este tema á comisión de Facenda se é necesario, esperando unha clara e razoable explicación.


No hay comentarios.: