Esta es la ola buena!

Esta es la ola buena!

viernes, 25 de mayo de 2007

Irisarri & Touriño

Irisarri aposta por un goberno local aberto á cidadanía e que potencie a colaboración con tódalas administracións
Pérez Touriño subliña que Ferrol abandoará a resignación e apostará polo futuro da man dun gran alcalde como Vicente Irisarri

Ferrol, 25 de maio de 2007.

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Emilio Pérez Touriño, desprazouse esta mañá a Ferrol para mostrar o seu respaldo ao candidato socialista á Alcaldía, Vicente Irisarri, nesta última xornada de campaña electoral. “A presenza de Emilio Pérez Touriño aquí constitúe unha proba máis de que a Xunta colaborará e axudará a Ferrol”, destacou Irisarri para, acto seguido, mostrar a súa intención de formar un goberno municipal que “colabore con todas as administracións e apoie a súa xestión na visión e criterios dos veciños”. Nesta liña, o alcaldable do PSdeG-PSOE salientou a súa percepción de que “a xente ten confianza en que a situación actual vai mudar e que se vai producir o cambio porque realmente comeza a creer no futuro”. E ese futuro, que Irisarri espera guiar, “permitirá aos ferroláns disfrutar da zona rural, do mar que esconde a muralla, dos servizos sociais, do benestar...”.

Vicente Irisarri tamén quixo mostrar hoxe o seu agradecemento polo apoio recibido durante estes días dende as entidades, asociacións e particulares cos que mantivo xuntanzas e reiterou a súa intención de continuar reuníndose e dialogando cos veciños a partires do luns. Por último, destacou que “votar non é outra cousa máis que outorgar a confianza nunha persoa, equipo ou opción política e nós, os socialistas, pedimos aos ferroláns a súa confianza para facer un novo Ferrol de futuro e posibilidades”. Pero, sobre todo, o candidato do PSOE animou a tódolos cidadáns a exercer o seu dereito ao sufraxio.

Pola súa banda, Emilio Pérez Touriño mostrouse convencido de que Ferrol abandoará este domingo a resignación e a tristeza e apostará polo futuro. “Votando masivamente esta cidade iniciará unha nova etapa porque Ferrol merece un gran alcalde e Vicente Irisarri será ese gran alcalde”, subliñou o líder do PSOE galego. “Pido a confianza para que ese goberno do cambio obteña a maioría suficiente que permita a Vicente construír o Ferrol da modernidade, o Ferrol que debe recuperar o protagonismo na Galicia e na España do cambio, o Ferrol que desterrará a tristeza e a resignación”, destacou para engadir que “os cidadáns xóganse este domingo o futuro de Galicia, a oportunidade de conseguir cidades de dereitos en lugares de cidades de dereitas”. Por iso, o secretario xeral dos socialistas galegos animou a todos a “votar futuro, a votar cambio, a votar socialista”.

Emilio Pérez Touriño e Vicente Irisarri realizaron estas declaracións aos medios tras percorrer as rúas do centro da cidade. A visita partía ás 11.30 horas do Hotel Barceló Almirante e concluiría no Mercado de A Magdalena cun espectáculo de capoeira brasileira a cargo dun grupo de mozos equipados co lema “Vamos!” propio da campaña socialista en Ferrol. Nese mesmo punto, Pérez Touriño escribía nun panel de metacrilato un “Vamos! Vicente” que o candidato socialista correspondía cun “Vamos! Ferrol”. Pero antes, durante a hora que durou o percorrido, ámbolos dous políticos tiveron tempo de conversar coa xente da rúa, cos albaneis dalgunha obra e cos comerciantes das calles Galiano e Real; facer unha parada no local de campaña; tomar un café; comprar uns cupóns da ONCE ou mesmo visitar os exteriores do Teatro Jofre.


No hay comentarios.: