Libros, bibliotecas...
O PSOE convertirá a súa sede de campaña nun centro de troco de libros para fomentar a lectura
Os socialistas ofrecen aos ferroláns a posibilidade de intercambiar os seus volumes namentras a biblioteca da cidade permanezca pechada
Ferrol, 20 de abril de 2007.
Coincidindo coa próxima celebración do Día do Libro, os socialistas de Ferrol avanzaron que o vindeiro luns convertirán a súa sede de campaña nun centro de troco de libros, onde os cidadáns terán a posibilidade de recoller volumes a cambio de deixar outros propios. A iniciativa prologaráse no tempo, xa que o PSOE entende que o fomento da lectura non se pode circunscribir a un día concreto e, especialmente, nunha urbe que adolece de biblioteca central. Precisamente, os socialistas avanzaron que manterán a medida ata que se inauguren estas instalacións. E, ao respecto, lembran que, tras varios retrasos, finalmente o Concello prevé a apertura
O PSOE informa de que os cidadáns poderán achegarse ao local en horario de 11 a 13 horas e de 17.30 a 20 horas, así como que a oferta de libros abrangue tódalas áreas temáticas, que haberá volumes para tódalas franxas de idade, e que poderán intercambiarse tomos tanto en galego como en castelán.
Os socialistas censuran que nos últimos catro anos o Concello non levase a cabo ningún tipo de política para fomentar a lectura. E, en contrapartida, destacan algunhas das propostas neste campo que Vicente Irisarri, candidato á Alcaldía de Ferrol, porá en marcha de gañar as vindeiras eleccións de maio. Así, apostará pola creación dunha verdadeira rede de bibliotecas municipais; impulsará a organización, funcionamento e actividades que dende estas se programen, situando a Biblioteca Central no motor organizativo do sistema; creará un departamento pedagóxico para formar aos usuarios e animar á lectura a nenos e mozos, e potenciará as bibliotecas de barrio, o Centro Cívico de Caranza e o Centro Cultural Carballo Calero.
Asemade, Vicente Irisarri comprométese a habilitar pequenas bibliotecas en rede nas asociacións de veciños e asociacións culturais, a fomentar o día internacional da lectura, e a impulsar unha Feira do Libro de calidade e referencia a nivel de Galicia. Por último, entre os seus obxectivos está establecer unha verdadeira cooperación e coordinación da política de bibliotecas coa Universidade, que considera ten moito que aportar dende a propia titulación de Biblioteconomía.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario