Esta es la ola buena!

Esta es la ola buena!

domingo, 13 de mayo de 2007

Sartaña

Irisarri aboga por manter a praza de Sartaña coma un espazo aberto e redefinir os seus usos

O candidato do PSOE coñeceu in situ as demandas dos veciños que se opoñen á construcción dunha piscina neste espazo

Ferrol, 25 de abril de 2007. O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Ferrol, Vicente Irisarri Castro, mostrou a súa oposición á construcción dunha piscina na praza de Sartaña. O socialista mantivo hoxe unha xuntanza cuns corenta veciños do barrio de Ultramar contrarios a esta actuación. Na mesma tamén participaron Mercedes Carbajales, Ramón Veloso e Julián Reina, números dous, tres e dezaseis da lista electoral do PSOE de Ferrol. Todos eles se desprazaron ata a mesma praza para coñecer in situ o lugar e visualizar os plans municipais. “Esta vai a ser a forma de traballar no Concello se temos a sorte de gobernar; desprazarémonos aos barrios para tocar o formigón e facernos unha imaxe real dos feitos e tamén escoitar aos veciños”, subraiou o candidato socialista.

Asemade, Vicente Irisarri subliñou que a praza debe manterse como un espazo aberto para o uso e desfrute dos seus veciños. Neste senso, destacou unha serie de condicionantes que converten as instalacións nun verdadeiro punto de encontro para a cidadanía. Entre elas, atoparse a salvo do tráfico rodado. Tamén se mostrou favorable a aprobar actuacións de mellora no entorno e a redefinir os usos consensuadamente cos veciños. Ao respecto, animou aos alí presentes a preparar unha especie de boceto coas utilidades que considerarían óptimas. Nesta liña, José Ramón Jove, portavoz dos opositores ao proxecto da piscina, apuntou unha posible división da praza en tres espazos diferenciados: un adicado aos nenos e dotado cun parque infantil; outro para a xente maior, con áreas para o seu descanso, e outro onde se podería ubicar unha pista circular multiusos.

O candidato socialista reiterou que esa praza non debe ser ocupada por ningunha nova edificación e subraiou que, de gañar as eleccións municipais, o barrio disporá de tódolos equipamentos precisos, pero non en calquer lugar. É por isto, engadiu, que os socialistas defenden un modelo de cidade distinto ao que promoven PP e máis IF.


No hay comentarios.: