Biblioteca
O PSOE subliña que a Biblioteca central será o motor organizativo da rede municipal que porá en marcha
A edil Mercedes Carbajales mostrou a satisfacción do PSOE pola apertura dunhas instalacións imprescindibles para unha cidade como Ferrol
Ferrol, 15 de maio de 2007.
A concelleira socialista Mercedes Carbajales destacou hoxe que a Biblioteca Central será o motor organizativo da Rede de Bibliotecas que o PSdeG-PSOE porá en marcha se os cidadáns de Ferrol depositan a súa confianza no equipo que lidera Vicente Irisarri Castro. A súa intención, puntualizou Carbajales, pasa por conectar esa rede á galega e á estatal. A concelleira socialista pronunciouse nestes termos tras asistir á inauguración da Biblioteca Central, unha apertura pola que mostrou a súa satisfacción a pesares de que se produce con anos de retraso. Nesta liña, asegurou que, hoxe, por fin os veciños de Ferrol poden contar cun centro de cultura tan imprescindible nunha cidade como esta.
Mercedes Carbajales tamén apuntou que a partires de agora será necesario pór en marcha accións pedagóxicas co obxecto de formar aos usuarios e fomentar prácticas de animación á lectura.
Por outra banda, a concelleira socialista subraiou que, de chegar ao Concello, o PSdeG-PSOE considerará prioritario potenciar as bibliotecas de barrio, as salas de lectura das asociacións de veciños e aquelas outras emprazadas na zona rural. Asemade, comprometeuse a fomentar o Día Internacional do Libro e a impulsar de xeito decidido unha Feira do Libro de calidade, que se convirta nun referente a nivel de toda a Comunidade autónoma.
1 comentario:
--
Publicar un comentario