Esta es la ola buena!

Esta es la ola buena!

sábado, 12 de mayo de 2007

Sobre la Plaza de España

Sestayo pide a Caride que explique na Cámara a situación urbanística da praza de España de Ferrol trala resolución

A deputada autonómica socialista presentou por rexistro unha pregunta parlamentaria para a súa resposta oral en pleno

Ferrol, 13 de abril de 2007. A deputada socialista Beatriz Sestayo rexistrou unha pregunta con carácter urxente para a resposta oral en pleno da conselleira de Política Territorial, María José Caride, co fin de aclarar a situación urbanística na que queda a praza de España de Ferrol despois da resolución recaída pola Dirección Xeral de Urbanismo respecto á modificación de usos. No seu escrito, Beatriz Sestayo lembra que o goberno municipal ferrolano ordenou a construcción dun edificio de 21 metros nun espazo declarado para usos viarios, amosando o seu absoluto desprezo á normativa urbanística da cidade. Nesta liña e a pesares das críticas dos socialistas e do conxunto da cidadanía de Ferrol, o goberno municipal seguiu con esta actuación. Unha situación que incluso continúa a xulgar polas declaracións realizadas polo goberno municipal incluso coa orde de paralización dictada no seu día sobre as obras con destino a ese edificio.

A parlamentaria galega indica que a resolución dictada por Política Territorial declara a licencia nula de pleno dereito, o que repercute loxicamente na concesión. Por isto e co fin de evitar aos cidadáns de Ferrol mensaxes equivocados sobre a situación dunha praza fundamental para a urbe, Beatriz Sestayo tramita a citada pregunta parlamentaria para a súa resposta en pleno. Así as cousas, prevé a comparecencia da conselleira no pleno seguinte, a celebrar en dez días.

Beatriz Sestayo considera unha absoluta irresponsabilidade as declaracións realizadas polo goberno municipal dando información errónea aos cidadáns. Recorda que o edificio non é legalizable toda vez que a licencia é nula, có que a satisfacción do goberno municipal só pode ser imputable ao descoñecemento absoluto da normativa urbanística, á falta de lectura da resolución ou á irresponsabilidade pola proximidade da cita electoral. Asegura que a súa conducta pode incurrir en responsabilidade penal.


No hay comentarios.: