Esta es la ola buena!

Esta es la ola buena!

viernes, 18 de mayo de 2007

Canido

Vicente Irisarri comprométese a xestionar a creación dun centro de saúde en Canido

O socialista explicou á asociación de veciños que os seus plans pasan por achegar os terreos ao Sergas para a súa construcción

Ferrol, 27 de abril de 2007. O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Ferrol, Vicente Irisarri, comprometeuse ante a asociación de veciños de Canido a xestionar a creación dun novo centro de saúde no barrio. O socialista explicou que, de gañar as eleccións, o Concello poría a disposición do Sergas os terreos precisos para que acometera a súa construcción. O obxectivo, engadiu, pasa por descentralizar e desenvolver a atención primaria mediante estas novas instalacións, que tamén darían servizo a Santa Mariña. A iniciativa tivo moi boa acollida polos membros da asociación de veciños, que lle explicaron ao candidato socialista as dificultades, especialmente da xente maior, para acudir ao Fontenla Maristany. É por isto que a propia entidade desenvolve campañas gratuitas de vacinación no seu local para o colectivo da terceira idade.

Vicente Irisarri mantivo unha xuntanza cos veciños na que tamén participaron Ramón Veloso, Beatriz Sestayo, Ángel Mato, Manuel Santiago, Laura López e Julián Reina, números tres, catro, cinco, seis, dez e dezaseis da lista electoral coa que os socialistas concorrerán aos vindeiros comicios de maio. Na reunión debatíronse os principais problemas e necesidades da zona e, trala mesma, realizouse un percorrido polo barrio para que o candidato coñecera in situ a realidade da mesma.

Os veciños queixáronse especialmente da falta de equipamentos do barrio e das pésimas comunicacións, así como da necesidade de potenciar o diálogo coa Administración local. Sobre este último punto, Vicente Irisarri subraiou que constitúe un dos seus principais compromisos coa cidadanía, polo que se recibe a confianza dos veciños propiciará que os ferroláns inflúan decisivamente na toma de decisións do equipo de goberno. Tamén coincidiu o socialista na necesidade de ampliar as zonas verdes e espacios de ocio e esparcemento no barrio. Pero, para iso, concluiu que será preciso consensuar precisamente cos veciños unha planificación a longo prazo dos emprazamentos posibles.


No hay comentarios.: