Esta es la ola buena!

Esta es la ola buena!

sábado, 12 de mayo de 2007

Touriño e Irisarri en Caranza

Estimados amig@s:
É un orgullo e un pracer anunciar e invitarvos a o inicio da presentación das propostas e as ideas que o noso partido vai por en marcha. Comenzaremos no Centro Cívico de Caranza. Gracias por vir.


Touriño respaldará a Irisarri na presentación das súas principais propostas para Caranza

O candidato socialista ofrecerá o vindeiro luns un mitin no barrio, no que tamén participará o secretario xeral do PSOE e presidente da Xunta

Ferrol, 18 de abril de 2007.

O secretario xeral do PSdeG-PSOE e presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, acudirá o vindeiro luns, 23 de abril, a Ferrol para respaldar ao candidato socialista á Alcaldía da cidade, Vicente Irisarri Castro, no mitin que ofrecerá no barrio de Caranza. O acto político dará comenzo ás 20 horas, no Centro Cívico, e estará presentado polo secretario xeral do PSOE local, Amable Dopico.

Vicente Irisarri avanzou que aproveitará a cita para avanzar algúns dos seus principais proxectos para o barrio despois de que mantivese varios encontros con entidades e asociacións veciñais da zona, nos que tivo a oportunidade de escoitar e recoller as súas demandas e reivindicacións. Asemade, o candidato dos PSOE lembrou que esta mesma mañá os socialistas iniciaron o “porta a porta” en Caranza. Varios membros do equipo da candidatura e afiliados e simpatizantes encabezados por Miguel García levan a cabo esta iniciativa que lles servirá para tomar nota das necesidades de aqueles residentes que non pertenzan a ningún colectivo específico e que, polo tanto, non tiveron a ocasión de trasladar as súas peticións a Vicente Irisarri.


No hay comentarios.: