Esta es la ola buena!

Esta es la ola buena!

viernes, 18 de mayo de 2007

Ferrol y A Coruña

Irisarri e Losada traballarán xuntos para que por primeira vez na historia Ferrol e A Coruña non se den a espalda
Os socialistas trataron na cidade herculina a necesidade de cooperar en planos de igualdade en materia portuaria, cultural ou de comunicacións
Ferrol, 16 de maio de 2007. Hoxe, por primeira vez na historia, dous candidatos socialistas por Ferrol, Vicente Irisarri, e por A Coruña, Javier Losada, se reunían na cidade herculina. E fixéronno para tratar de pór en marcha unha estreita liña de colaboración que permita avanzar a ambas cidades en temas clave para o seu desenvolvemento, como poden ser as comunicacións, os tráficos portuarios ou a cultura. Unha colaboración, subliñaron ambos alcaldables, que debe realizarse en planos de igualdade. Trátase de cooperar e non subordinar, destacaron.

O punto de encontro de Irisarri e Losada foi o Palacio de María Pita, pero aos poucos minutos desprazáronse ao porto para iniciar un paseo que durou ó redor dunha hora. Precisamente a colaboración portuaria foi un dos eixos básicos da entrevista. Ámbolos dous alcaldables coincidiron na necesidade de que os portos de Ferrol e A Coruña eviten competir e traballen conxuntamente a favor de establecer tráficos complementarios. Así, no caso da cidade naval, as instalacións portuarias poderían especializarse no tráfico de contenedores e, no caso da urbe herculina, no de graneis. Para Irisarri, tamén cabería a posibilidade de compartir medios en situacións puntuais, como remolcadores, así como acometer accións conxuntas de promoción exterior para captar tanto tráfico de mercadorías como de cruceiros. Unha última iniciativa que repercutiría positivamente no sector turístico. O candidato ferrolán exprimiu aínda máis as vías de cooperación e propuxo a elaboración en común de estudos de mercado ou a posibilidade de compartir unha plataforma loxística terra adentro.

Non foi o único tema a tratar, xa que ámbolos dous candidatos tamén abogaron pola mellora das comunicacións terrestres entre Ferrol e A Coruña. Ao respecto, propoñen a mellora dos servizos ferroviarios de cercanías, por exemplo mediante a ampliación de frecuencias, e unha atención preferente ao coidado das estradas. Asemade, o AVE centrou parte da xuntanza e, nesta liña, Javier Losada e Vicente Irisarri destacaron que irán da man para conseguir que a alta velocidade chegue canto antes a ámbolas dúas cidades, permitindo deste xeito restar kilómetros entre ambas. Por primeira vez, concluiron os candidatos socialistas, apostamos con claridade polo traballo en conxunto para que ambas cidades non se den a espalda.


No hay comentarios.: