Esta es la ola buena!

Esta es la ola buena!

viernes, 18 de mayo de 2007

Juan de Lángara

Vicente Irisarri solicitará á conselleira de Educación que asuma a transferencia do Colexio Juan de Lángara
O candidato socialista aposta decididamente por que a Xunta de Galicia asuma baixo a súa competencia o centro educativo ferrolán

Ferrol, 01 de maio de 2007.

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Ferrol, Vicente Irisarri Castro, aproveitará a visita que mañá realizará a Ferrol a conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, para trasladarlle a necesidade de que acelere a tramitación que faga efectiva a transferencia do colexio Juan de Lángara á Administración autonómica. Irisarri Castro lembra que actualmente o centro educativo depende dos ministerios de Educación e de Defensa, dúas carteiras que mostraron a súa clara vontade de facilitar a transferencia. De feito, o propio Irisarri mantivo hai unhas semanas unha xuntanza co director xerente de Infraestructura e Equipamento do Ministerio de Defensa, Adolfo Hernández Lafuente, no que este último expresou con claridade a súa predisposición a firmar o protocolo que posibilite ese cambio.

Irisarri Castro apuntou que a transferencia está pendente dende o ano 1998, así como que a situación óptima sería que se materializase antes de comezar o vindeiro curso académico. Deste xeito, o candidato socialista tamén quixo lanzar unha mensaxe de tranquilidade aos pais e nais de alumnos do centro.

Así as cousas, o alcaldable do PSOE confía en obter unha resposta favorable por parte da conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, que mañá pola mañá visitará na cidade naval o CEIP Ibáñez Martín e o IES Concepción Arenal.


No hay comentarios.: