Esta es la ola buena!

Esta es la ola buena!

martes, 18 de diciembre de 2007

Concelleir@s en comparecencia

Estimad@s amig@s:
Nos últimos días estamos asistindo a unha serie de comparecencias/charlas dos concelleiros socialistas. Dende aquí queremos agradecer esta iniciativa de achegar os proxectos, as tarefas, e tamén os problemas que estan a afrontar.

Queremos animar ao partido a que continuen estas iniciativas. Axudan a conectar aos militantes e simpatizantes cos compañeiros que teñen responsabilidades de xestión. E tamén aos concelleiros a poder comentar o seu día a día e os seus obxectivos dentro dun entorno mais relaxado.

Grazas por vir!


28 DE NOVEMBRO
19:30
ANGEL MATO
URBANISMO

5 DE DECEMBRO
19:30
RAMON VELOSO
FACENDA EMPREGO E PROMOCION ECONÓMICA

12 DE DECEMBRO
19:30
MERCEDES CARBAJALES
EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

19 DE DECEMBRO
19:30
VICENTE IRRISARRI
ALCALDE

9 DE XANEIRO
19:30
BEATRIZ SESTAYO
BENESTAR SOCIAL, XUVENTUDE E SOLIEDARIEDADE

16 DE XANEIRO
19:30
MARIA LÓPEZ
SERVIZOS, MEDIO AMBIENTE E MEDIO RURAL

23 DE XANEIRO
19:30
MANUEL SANTIAGO
DEPORTES

30 DE XANEIRO
19:30
GERARDO LOPEZ
TRÁFICO

6 DE FEBREIRO
19:30
SANDRA RÍOS
SEGURIDADE


lunes, 5 de noviembre de 2007

Sobre la ley antitabaco


Hola amig@s.

Repasando datos y periódicos atrasados leemos en El Mundo de 25 de septiembre un estudio sobre la incidencia de la ley antitabaco en los ingresos hospitalarios por infarto agudo de miocardio en Cataluña.

Las conclusiones son muy claras. En 2.006 hubo sólo en Barcelona 707 ingresos menos que en 2.005. Los autores del estudio lo atribuyen a la normativa antitabaco.

En otros países de la UE con normativas similares en los centros de trabajo se hicieron estudios y se llegaron a las mismas conclusiones.
Gracias por venir.


Xornada de XXSS para o fomento da cultura emprendedora

Hola amig@s

Trasladamos hoxe unha boa iniciativa de Xuventudes Socialistas.

FOMENTANDO A CULTURA EMPRENDEDORA

Exposición de motivos.
É ben coñecido por todos e todas día de hoxe a gran importancia queten para calquera cidade ter un importante tecido empresarial, tanto poloreforzo económico para a cidade que ilo supón como o gran interese socialpara evitar situacións problemáticas economicamente para as familias donoso entorno, levando este tema directamente a mocidade todos e todassabemos que a opción de crear unha empresa debe ser tida en conta polosmúltiples beneficios que esto supón: maiores ingresos económicos que untraballador por conta allea, non ter a obriga de ningunha subordinación xerárquica etc.
A pesares de o exposto anteriormente todos e todas temos claro adificultade que supón sobre todo o arranque da empresa, conseguirfinanciamento, un local etc... estes problemas son os que tratan decorrixirse mediante as axudas a emprendedores, axudas tan valiosas como descoñecidas para a mocidade.
Precisamente este descoñecemento e o que pretendemos corrixir conesta actividade, o noso obxectivo para esta actividade é transmitir toda ainformación dispoñible sobre este eido para proporcionar a mocidade tódalas opcións cara o seu futuro profesional.
Comisión Executiva LocalXSG Ferrol
R/ Españoleto 9-11 Entrechán15403 Ferrol
Telf: 981 320 480 – 650 943 608

Descrición de actividade:
Esta actividade vai dirixida principalmente a estudiantes debacharelato, principalmente a mozos e mozas que elixiran a modalidade naque impártese economía xa que no temario explicase unha introducción amicro e macroeconomía así como os distintos tipos de empresas e os requisitos básicos de constitución e tamén vai dirixida os e as alumnos deformación profesional que a pesar de contar con formación en moitos dosciclos sobre esta materia poden recibir información nova nesta xornada asícomo a aquelas persoas ás que estean interesadas neste tema.
A actividade levarase a cabo durante a tarde de 16-22 horas dovenres 9 de novembro do 2007 e consistirá en cinco ponencias nas que se explicarán as os incentivos axudas e facilidades que tanto o Concello deFerrol, a Cámara de comercio, o IGAPE e a Consellería de Traballo ofrecen a os e as emprendedores e emprendedoras, tamén contariamos cunha ponencia ofrecida por un emprendedor da cidade na que comentaríaas súas experiencias.
Existen dous procedementos de inscrición, o dirixido principalmenteos e as alumnos e alumnas dos institutos da cidade que consiste eninscribirse nos listados que poderán atopar nos mesmos centros, e a outraque consiste no envío dun correo electrónico ó enderezo ferrol@xuventudessocialistas.org no que deberá figurar nome apelidos DNI e enderezo e correo electrónico. O rematar a actividade entregaranse uns diplomas os asistentes.

Programación da actividade:
16.00-16.05 Horas: Apertura das Xornadas (Representante deXuventudes Socialistas
16.05-17.00 H: Ponencia “Primeiros pasos” (Xoven emprendedor dacidade)
17:00-17:10 H: descanso
17.10-18.00 H: Ponencia “Axudas do IGAPE para emprendedores”(representante do IGAPE)
18:00-18:10 H: descanso
18.10-19.00 H: “Viveiros de empresa” (Por determinar)
19:00-19:10: descanso
19:10-20:00 H: “Políticas da Consellería de Traballo sobreemprendedores” ( representante da Consellería)
20:00-20:10 H: Descanso
20.10-21.00 H: “¿Por qué crear a nosa empresa en Ferrol? (Concelleiro de Promoción económica e emprego)
21:00-21:15 H: Clausura das Xornadas
Pinchos: 21.15-22.00


jueves, 25 de octubre de 2007

Benestar traslada aos domicilios un equipo para avaliar o grao de dependencia dos demandantes de axudas

Benestar traslada aos domicilios un equipo para avaliar o grao de dependencia dos demandantes de axudas

· A edil Beatriz Sestayo estuda ampliar de novo o horario de atención do servizo de información que presta o Concello

· As concellería está a programar visitas das traballadoras sociais de luns a venres, en horario de mañá e tarde


Ferrol, 24 de outubro de 2007.-

A concelleira de Benestar Social, Beatriz Sestayo, anunciou hoxe que o Concello de Ferrol ten previsto aumentar os servizos que vén prestando en materia de dependencia. A edil recordou a posta en marcha, a principios deste mes, do servizo de información a asesoramento sobre a Lei de Dependencia, unha atención que se presta nas propias dependencias municipais os martes e xoves, a partir das 11.30 horas. Ao respecto, Beatriz Sestayo explicou que o seu departamento viuse obrigado pola demanda a ampliar o horario de atención establecido, dende as dúas horas previstas inicialmente ata as dúas horas e media. Unha medida que a edil está a revisar na actualidade coa vista posta nunha futura e inmediata ampliación.

Nesta liña, Sestayo destacou o esforzo que están facendo as traballadoras sociais do Concello para visitar nas súas casas aos solicitantes destas axudas e poder cumprir así os requisitos que marca a citada normativa. Isto é, a valoración social estipulada pola Xunta de Galicia. A concelleira indicou que a concellería decidiu pór en marcha este equipo técnico municipal ante a necesidade urxente de avaliar o grao de dependencia dos demandantes dos servizos que prevé a lei. Unha labor que, na maioría dos casos, é preciso desenvolver nos domicilios dos particulares e que, na actualidade, se está a realizar en horario de mañá e tarde de luns a venres.

Como complemento disto, a Concellería de Benestar Social acaba de comezar a avaliar os expedientes remitidos pola Vicepresidencia do Benestar da Xunta de Galicia, co fin de identificar as persoas gran dependentes no que resta de ano. Así pois, o departamento municipal de servizos sociais está a valorar, ademáis dos expedientes tramitados polo propio Concello, os 84 remitidos esta semana dende a Administración autonómica.

A concelleira tamén recordou que outra das frontes de traballo que está a desenvolver actualmente o Servizo Municipal de Dependencia ten que ver coa coordenación de servizos e programas neste eido.

Axuda a domicilio
Noutro orde de cousas, a edil indicou que xa se tratara na comisión de área a ampliación do servizo de axuda a domicilio co fin de reducir na medida do posible as listas de espera. Sestayo lembrou que os servizos prestados van dende o aseo persoal ata o acompañamento. Asemade e para dar resposta a un servizo amplamente demandado pola cidadanía, a concelleira dispuxo un área con persoal dedicado en exclusiva a esta tarefa. Ao respecto, indicou que a ampliación do servizo de axuda a domicilio foi aprobada por unanimidade en comisión e deberá de ser ratificada no pleno de mañá.

Finalmente, Beatriz Sestayo avanzou que na próxima reunión do Consello Sectorial de Servizos Sociais se dará a coñecer a nova organización da concellería e as súas prioridades. Tamén se presentará o borrador do Plan Estratéxico Ferrol Solidario. Esto será o próximo luns, 29 de outubro, a partires das cinco da tarde.


Medio Ambiente inaugura na Aula de Ecoloxía Urbana a mostra "Galicia conservando a natureza"

Medio Ambiente inaugura na Aula de Ecoloxía Urbana a mostra “Galicia conservando a natureza”

· María López explica que a exposición consta de 22 paneis explicativos e dunha proxección de vídeo

· A edil indicou que a mostra pretende contribuír a sensibilizar á cidadanía sobre os espazos protexidos


Ferrol, 24 de outubro de 2007.-

A concelleira de Medio Ambiente, María López, invitou a tódolos cidadáns a asistir á exposición “Galicia conservando a natureza” que, organizada pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, da Consellería de Medio Ambiente en colaboración co Concello de Ferrol, se inauguraba esta mañá na Aula de Ecoloxía Urbana. De feito, a mostra, de carácter itinerante, recibía a primeira hora aos primeiros grupos de escolares. Así, María López lembrou que a exposición permanecerá aberta ata o vindeiro domingo, día 28.

De carácter itinerante, “Galicia conservando a natureza”, pretende que a cidadanía aprenda a valorar os diferentes aspectos ambientais e patrimoniais que teñen os espazos naturais protexidos. Tamén sensibilizar en prol da conservación da biodiversidade de cara ás xeracións futuras.

A mostra está composta por 22 paneis explicativos máis a proxección do vídeo “Os parques naturais de Galicia”. Cada sesión ten unha duración aproximada dunha hora. Nesta liña, a edil explicou que unha educadora ambiental guiará a visita a aqueles grupos organizados que a concerten. Fóra disto, os ferroláns que a queiran visitar estarán acompañados das monitoras da Aula de Ecoloxía Urbana, que lles ofrecerán as explicacións oportunas.

“Galicia conservando a natureza” está destinada tanto aos escolares cun nivel superior a 5º de Primaria como ao público en xeral. Neste senso, a concelleira de Medio Ambiente explicou que a semana pasada se enviou a información aos centros educativos do Concello para que participen desta iniciativa, subliñando a importancia de achegarse á riqueza natural e paisaxística destas áreas, así como á necesidade da súa posta en valor.

Entre os paneis que permanecerán expostos figuran os dos humidais da lagoa e areal de Valdoviño ou o do Parque Natural das Fragas do Eume.


Melloras do Torrente Ballester

Irisarri recaba o apoio económico da Deputación para a recuperación do Centro Torrente Ballester

· O alcalde anuncia que o organismo provincial colaborará nas obras cunha achega de 100.000 euros durante o ano 2008

· O rexidor destacou que ambas administracións traballarán en común para a posta en marcha dun festival de jazz na cidade


Ferrol, 24 de outubro de 2007.-

O alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, anunciou esta mañá que a Deputación provincial de A Coruña colaborará co Concello de Ferrol nas obras de mellora do Centro Cultural Torrente Ballester. Así, a aportación económica do organismo que preside Salvador Fernández Moreda ascenderá a 100.000 euros, cantidade que o Concello ingresará durante o 2008 e que se sumará aos 150.000 euros que a Administración local destinará a esta actuación durante ese exercicio. Así o explicou Vicente Irisarri tras manter unha xuntanza no consistorio coa presidenta da Comisión de Cultura da Deputación, Caridad González Cerviño. Unha reunión na que tamén estivo presente o edil de Facenda e deputado provincial, Ramón Veloso.

O primeiro edil destacou a receptividade de González Cerviño coas demandas expostas e avanzou que as obras do Centro Torrente Ballester se iniciarán coa maior urxencia posible. En principio, engadiu que o goberno local entrará neste 2007 na fase de estudo dos arquitectos que se terán que encargar de redactar o proxecto para esta instalación cultural de primeiro orde.

Nesta liña, Vicente Irisarri asegurou que, coa xuntanza celebrada con González Cerviño, o Concello abría formalmente os cauces de colaboración no eido cultural, cos que confíaba acadar uns bos resultados para a cidade. De feito, avanzou que a responsable provincial tamén comprometera o apoio económico da institución con distintos certames culturais locais tales que o Premio de Piano ou o Esquío. Asemade, Irisarri destacou outra proba máis da aposta da Deputación con Ferrol ao sinalar que tiña recabado o respaldo da institución para a posta en marcha dun festival de jazz na cidade. Unha cita que se desenvolvería, de cumplirse os plans municipais, neste vindeiro ano. Por último e antes de cederlle a palabra a Caridad González Cerviño, o alcalde de Ferrol mostrouse convencido de que esta brindaría o seu apoio ao Concello non só no 2008 senón tamén no que resta de lexislatura.

A presidenta da Comisión de Cultura da Deputación subliñou que traballaría en firme para que a cidade entrase no vindeiro ano no circuito de exposicións do organismo provincial. Tras destacar a importante e variada oferta cultural da urbe naval, González Cerviño coincidiu con Vicente Irisarri na necesidade de proceder á inmediata recuperación do Torrente Ballester. Actuación para a que comprometeu todo o apoio da institución que representa.


martes, 16 de octubre de 2007

Evolución del Salario Mínimo Interprofesional

Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales:

EVOLUCIÓN DEL SALARIO MÍNIMO INTERPROFESIONAL
2001.......2002.......2003.......2004.......2005......2006......2007
433,45.....442,20.....451,20....460,50.....513.......540,90....570,60
..............+2%........+2%.........+2%......+11,4%...+5,4%.....+5,5%


Subida en los 3 últimos años gobierno PP: 6%
Subida en los 3 últimos años gobierno PSOE: 22,3%

Gracias por venir.


El precio de la vivienda

Hola amig@s:

Hoy se aprueba en el Congreso la reforma del mercado hipotecario que permitirá rebajar hasta en un 80% los costes asociados a las modificaciones de las hipotecas.

La importancia de esta medida no esta sólo en que cuando alguien cambie su hipoteca le salga más barato. La clave esta en que al facilitar el posible cambio las condiciones iniciales de la hipoteca tenderán a mejorar; y también la capacidad de negociación del cliente con su propio banco. Al ser el coste de cambiar mucho más bajo será mas fácil tratar con el banco una mejora de las condiciones.

En el mes de agosto se han reducido en un 14,1% el valor de las hipotecas contratadas, y ya es el noveno mes consecutivo. Por otra parte el incremento del precio de la vivienda ya esta en valores cercanos al IPC.

Estos datos, sumados al incremento constante de oferta de viviendas de protección y a las facilidades para encontrar alquileres a precio reducido, nos hace pensar que el problema de la casi imposibilidad de acceder a una vivienda se va solucionando.

Cuestiones a mejorar: facilitar algo más los alquileres a personas mayores de 30-35 años (es un colectivo pequeño pero se queda fuera de la mayoría de ayudas). Una mayor labor de información sobre las futuras ofertas de vivienda pública y también mayor formación financiera a la hora de comprar la vivienda y de firmar la hipoteca.

Esto último es muy necesario. Hace un par de años me parecía increíble que tanta gente firmase hipotecas con un euribor del 2% tan al límite de sus ingresos. Que no se planteasen cual sería la cuota con unos tipos en torno al 4%-6% (tipos normales en cualquier serie histórica).

Gracias por venir.


Sobre publicidad, comunicación y discrecionalidad

Hola amig@s:

El Tribunal de Cuentas considera "justificada y oportuna" la Ley de Publicidad y Comunicación Institucional, aprobada por el gobierno socialista en 2.005, porque ha contribuído a "restringir la amplia discrecionalidad" que, a su juicio, permitía la legislación anterior. Noticia publicada por Público según información de Europa Press.

El gobierno del señor Aznar incrementó el gasto en publicidad y propaganda un 101% en el año 2.003. Para evitar estos desmanes y abusos con los dineros de todos aplaudimos la aprobación de la Ley en 2.005 y que el Tribunal de Cuentas haya hecho público su necesidad y su buen funcionamiento.

Gracias por venir.


lunes, 1 de octubre de 2007

Presupuestos para Galicia

¡Ay amigos!

La hipocresía, la intención de tratar a los ciudadanos como seres faltos de memoria por parte de los dirigentes políticos es tremenda. No deja de sorprenderme.

Recordemos hace unos meses las críticas a lo bajas que son las pensiones (con unos incrementos medios desde que el PSOE subió al poder de más de un 25%). Pero unos años antes, con el señor Zaplana como ministro de trabajo y asuntos sociales (?) se gastó una cantidad increíble de euros en una de las campañas publicitarias mas intensas que se recuerdan para anunciar que las pensiones subían... el IPC.

Ahora, desde la dirección gallega del PP se critican las partidas presupuestarias del gobierno central para Galicia. Nos limitaremos a decir que en los 8 años de gobierno del señor Aznar Galicia recibió una media de unos 450 millones de euros y que este año recibiremos unos 2.000 millones. Además gran parte de la inversión de Castilla-León (1.884 millones de euros) repercutirá directamente en el bienestar de los gallegos porque forma parte del AVE. Otra forma de verlo es que son 725 € por habitante, muy por encima de los 411€ de Cataluña.

Seriedad, memoria y, por favor, señores del PP y otros opinantes varios, no intenten mentirnos.

Gracias por venir.


viernes, 14 de septiembre de 2007

Derechos y ciudadanos

Estimad@s amig@s:

El pasado domingo 9 de septiembre Roberto L. Blanco Valdés en su columna El ojo público criticaba las últimas actuaciones de los gobiernos socialistas de incrementar los derechos de los ciudadanos (2.500€ por niño nacido, el derecho a una vivienda del gobierno andaluz) en base a que no es un derecho "de verdad" reconocido en la Constitución Española.

Desde el punto de vista puramente jurídico esto es cierto, aunque la forma de decirlo no es la mas elegante. Actualmente no hay jurisprudencia que permita a un ciudadano de Murcia exigir una vivienda a ninguna Administración Pública.

Pero hace bien pocos años tampoco podía exigir que su hijo tuviese una educación gratuita hasta los 16 años. Tampoco que atendiesen en un servicio público de sanidad a su madre. Ni que su padre tuviese derecho a una pensión no contributiva. Y estos hechos no han impedido a los partidos progresistas y de izquierdas (principalmente) luchar y luchar para conseguir estas y otras conquistas sociales.

No soy partidario de que hoy se modifique la Constitución para que este derecho sea, como dice el opinante, "de verdad". Pero me niego a pensar en que esta modificación, y otras muchas, no puedan llevarse a cabo en un fututo próximo. Y desde luego si soy partidario de que se pongan en marcha políticas "realmente" activas para que el deseo de cada ciudadano y de cada familia de tener una vivienda propia o de alquiler se pueda llevar a cabo sin pagar un precio inhumano.

Pd. Soy un fiel lector de la columna de Roberto L. Blanco Valdés. A veces de acuerdo, a veces no, y a veces simplemente sintiéndome más y mejor informado después de leerle. Sólo me queda por añadir que gracias por venir.


viernes, 25 de mayo de 2007

Peche de campaña

Irisarri solicita a confianza dos ferroláns para encarar e dar resposta aos problemas da cidade con optimismo e traballo
O candidato cede o protagonismo ao seu equipo no peche de campaña e Couce entrégalle a medalla que durante seis anos o distinguiu como alcalde

Ferrol, 25 de maio de 2007.

“Tras cinco meses de duro e enriquecedor traballo, por primeira vez nesta campaña e para pechala vou pedir o voto para o Partido Socialista”, asegurou hoxe en Caranza Vicente Irisarri, candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Ferrol, despois de que durante os últimos 15 días animase aos cidadáns a acudir a urna á votar á forza que considerasen máis preparada para afrontar o futuro goberno de Ferrol. Pero hoxe Vicente Irisarri cambiou o seu discurso. E fíxoo porque tras “lerme os programas electorais de tódolos partidos, tras debatir durante horas con tódolos candidatos, cos veciños, coas asociacións, tras escoitalos, estou convencido de que temos as mellores propostas”. Engadiu que “seguirei a dicir que se poden mellorar coas ideas e aportacións dos demáis, pero tamén que temos o programa que mellor entende o que Ferrol precisa e quere, e que somos o partido que ten os pes no chan e que gobernará sen demagoxia”. Así, subliñou que “se somos fieis ao noso programa –e este equipo ten palabra- vamos dar resposta aos problemas de Ferrol”.

“Como non entendo outra forma de traballar máis que en equipo”, Vicente Irisarri cedeu hoxe o protagonismo á candidatura socialista. “Un grupo de homes e mulleres cunha ética política e unhas ganas de traballar enorme”, apuntou. Así, a primeira en tomar a palabra foi Laura López, número 11 da lista, para asegurar que “loitaremos e traballaremos sen descanso ata convertir este Concello na cidade que levamos soñando tanto tempo”. Ramón Veloso, número tres, tomou o relevo e invitou a reflexionar mañá para decidir entre dúas opcións de goberno: a victimista e ensimismada nos seus propios problemas ou a acción socialista dialogante que camiña da man dos cidadáns. Mercedes Carbajales, número dous do PSOE, destacou a contribución clave das asociacións e veciños na elaboración do programa electoral socialista, namentras que Manolo Santiago (número seis) subliñou a aposta do PSOE polo diálogo. Beatriz Sestayo (número catro) destacou o traballo anónimo realizado por ducias de militantes e simpatizantes, dende a pegada de carteis ata a conducción dos vehículos. Julián Reina (número 16) agradeceu a implicación dos mozos de Xuventudes Socialistas nesta campaña e Miguel García (14) defendeu o compromiso socialista para propiciar o retorno daqueles ferroláns que tiveron que marchar da súa cidade pola falta de traballo.

Ángel Mato (número cinco) asegurou que “se abre un novo tempo que os socialistas non vivimos” e subliñou que se “en quince días fomos quen de ilusionar a unha cidade, imaxinade o que seremos capaces en catro anos”. A súa intervención deu paso a unha das máis emotivas da tarde, a do alcalde da cidade durante seis anos Manolo Couce Pereiro. Con dificultade para falar pola emoción, o veterano político destacou hoxe que con Vicente Irisarri “volveráse a falar de Universidade, de desenvolvemento portuario, de servizos sociais, de dereitos...”. E, tras felicitalo porque “vai a ser o próximo alcalde de Ferrol”, Couce Pereiro fíxolle entrega da medalla que durante seis anos o distinguiu como primeiro edil da cidade. Unha medalla que Irisarri aceptou poñer, pero que quixo devolver “ao seu lexítimo dono porque foi el quen a gañou e quen a merece”.

A continuación, o candidato socialista retomou a súa intervención para agradecer o traballo realizado por Manolo Couce, Manuel Lorenzo Ramos, Amable Dopico e tantos outros que, durante estes anos, “sustentaron ao Partido Socialista en Ferrol”. Precisamente, foi o propio Dopico quen se dirixiu entón ao público para asegurar que “Ferrol saiu do seu pesimismo e acabou coa súa frustración”. “Con independencia dos resultados, podemos estar orgullosos de ter xenerado ilusión non só neste partido, senón tamén na sociedade”, subliñou para concluír apuntando a colaboración decidida que dende outras administracións se lle está a prestar á cidade. Como exemplos, citou o porto exterior ou o Hospital Naval.

Alberto “non nomea nin cesa”

Sobre este último asunto se pronunciou a conselleira de Sanidade, María José Rubio, para quen a cita de hoxe “non é un mitin senón unha festa”. E, ao respecto, apuntou que “non me quero imaxinar a do domingo, porque está claro que os socialistas de Ferrol contaxiades ilusión e cambio”. Nesta liña, indicou que dende o Goberno galego “somos absolutamente sensibles a todas as necesidades desta cidade porque merecedes moitas máis cousas polo castigo recibido nos últimos dezaseis anos de goberno popular”. “E ídelas ter”, engadiu. Centrándose no eido sanitario asegurou que por fin teremos un hospital á altura das necesidades. E, dirixíndose á xerente da Área Sanitaria de Ferrol, Lourdes Buxaderas, asegurou que “este gran equipo en ningún caso está na corda floxa”. “Alberto Núñez Feijoo non nomea nin cesa porque xa non está no Goberno e iso debe telo claro”, indicou en relación ás últimas declaracións do popular ao respecto.

Rubio tamén aludiu ao Hospital Naval e explicou que o convenio para a súa transferencia ao Sergas está a punto de firmarse: “Agora, tras dezaseis anos, si o temos”. Pero non será a única mellora, indicou para avanzar que en breve “Ferrol contará cunha unidade de diálise para agudos, unha terceira unidade de saúde mental ou se reforzarán os especialistas”.

Por último e como fixo ao longo desta campaña, Vicente Irisarri quixo compartir en primeira persoa todo o protagonismo do último mitin e invitou aos membros da lista electoral a subir ao escenario onde, ao berro de ánimo de “Vamos! Ferrol”, pecharon unidos a xornada.


Irisarri & Touriño

Irisarri aposta por un goberno local aberto á cidadanía e que potencie a colaboración con tódalas administracións
Pérez Touriño subliña que Ferrol abandoará a resignación e apostará polo futuro da man dun gran alcalde como Vicente Irisarri

Ferrol, 25 de maio de 2007.

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Emilio Pérez Touriño, desprazouse esta mañá a Ferrol para mostrar o seu respaldo ao candidato socialista á Alcaldía, Vicente Irisarri, nesta última xornada de campaña electoral. “A presenza de Emilio Pérez Touriño aquí constitúe unha proba máis de que a Xunta colaborará e axudará a Ferrol”, destacou Irisarri para, acto seguido, mostrar a súa intención de formar un goberno municipal que “colabore con todas as administracións e apoie a súa xestión na visión e criterios dos veciños”. Nesta liña, o alcaldable do PSdeG-PSOE salientou a súa percepción de que “a xente ten confianza en que a situación actual vai mudar e que se vai producir o cambio porque realmente comeza a creer no futuro”. E ese futuro, que Irisarri espera guiar, “permitirá aos ferroláns disfrutar da zona rural, do mar que esconde a muralla, dos servizos sociais, do benestar...”.

Vicente Irisarri tamén quixo mostrar hoxe o seu agradecemento polo apoio recibido durante estes días dende as entidades, asociacións e particulares cos que mantivo xuntanzas e reiterou a súa intención de continuar reuníndose e dialogando cos veciños a partires do luns. Por último, destacou que “votar non é outra cousa máis que outorgar a confianza nunha persoa, equipo ou opción política e nós, os socialistas, pedimos aos ferroláns a súa confianza para facer un novo Ferrol de futuro e posibilidades”. Pero, sobre todo, o candidato do PSOE animou a tódolos cidadáns a exercer o seu dereito ao sufraxio.

Pola súa banda, Emilio Pérez Touriño mostrouse convencido de que Ferrol abandoará este domingo a resignación e a tristeza e apostará polo futuro. “Votando masivamente esta cidade iniciará unha nova etapa porque Ferrol merece un gran alcalde e Vicente Irisarri será ese gran alcalde”, subliñou o líder do PSOE galego. “Pido a confianza para que ese goberno do cambio obteña a maioría suficiente que permita a Vicente construír o Ferrol da modernidade, o Ferrol que debe recuperar o protagonismo na Galicia e na España do cambio, o Ferrol que desterrará a tristeza e a resignación”, destacou para engadir que “os cidadáns xóganse este domingo o futuro de Galicia, a oportunidade de conseguir cidades de dereitos en lugares de cidades de dereitas”. Por iso, o secretario xeral dos socialistas galegos animou a todos a “votar futuro, a votar cambio, a votar socialista”.

Emilio Pérez Touriño e Vicente Irisarri realizaron estas declaracións aos medios tras percorrer as rúas do centro da cidade. A visita partía ás 11.30 horas do Hotel Barceló Almirante e concluiría no Mercado de A Magdalena cun espectáculo de capoeira brasileira a cargo dun grupo de mozos equipados co lema “Vamos!” propio da campaña socialista en Ferrol. Nese mesmo punto, Pérez Touriño escribía nun panel de metacrilato un “Vamos! Vicente” que o candidato socialista correspondía cun “Vamos! Ferrol”. Pero antes, durante a hora que durou o percorrido, ámbolos dous políticos tiveron tempo de conversar coa xente da rúa, cos albaneis dalgunha obra e cos comerciantes das calles Galiano e Real; facer unha parada no local de campaña; tomar un café; comprar uns cupóns da ONCE ou mesmo visitar os exteriores do Teatro Jofre.


Compromisos

Irisarri avanza as primeiras 75 accións que emprenderá nos 100 primeiros días de goberno se recibe a confianza dos ferroláns
O candidato socialista subliña que continuará coas xuntanzas coas asociacións, entidades e veciños da cidade a partires do luns

Ferrol, 24 de maio de 2007.

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Ferrol, Vicente Irisarri Castro, deu conta hoxe das 75 primeiras accións que emprenderá nos 100 primeiros días de mandato se recibe a confianza dos cidadáns o vindeiro domingo. Accións a emprender e, nalgúns casos, apuntou Irisarri, rematar. Pero antes de comezar a súa exposición, o candidato socialista quixo pedir desculpas a aquelas asociacións e entidades coas que non tivo tempo material para reunirse nestes días de campaña electoral: “O día só ten 24 horas e sempre queda alguén por visitar, pero o noso compromiso non se acaba mañá venres, segue o luns, e o que vamos a facer será continuar con ese diálogo e esas xuntanzas”. Neste senso, Irisarri apuntou que nunca se plantexara este tipo de contactos para realizar afirmacións demagóxicas nin contraer compromisos irrealizables. “O que si poderemos emprender son as seguintes 75 medidas”, subraiou o socialista para, a continuación, repasalas unha a unha coa colaboración de Beatriz Sestayo, Ramón Veloso, Mercedes Carbajales e Manolo Santiago, números catro, tres, dous e seis da candidatura.

Vicente Irisarri asegurou que as primeiras accións a tomar enmarcaránse no eido institucional e, nesta liña, indicou que quere amosar a vontade do goberno municipal de colaborar co resto de institucións e asociacións en xeral. Así, o primeiro será intercambiar impresións cos membros do órganos de representación sindical do Concello. A partir de entón, asegurou que lle gustaría manter reunións co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, que tanto apoio lle está a prestar a Ferrol; co presidente da Deputación da Coruña; co alcalde da cidade herculina; de xeito conxunto con todos os alcaldes das tres comarcas; co vicerrector da Universidade da Coruña; co responsable do Ministerio de Defensa; das consellerías de Sanidade (explícitamente, indicou neste punto a necesidade de pechar a transferencia do Hospital Naval), Política Territorial, Presidencia, Economía e Vivenda (para a constitución da Empresa Municipal de Vivenda), coa Armada e coa Autoridade Portuaria de Ferrol.

Asemade, o candidato socialista destacou que non practicará a política do avestruz, senón que mirará de cara aos problemas que durante esta campaña os veciños lle foron expoñendo. Recoñeceu que será imposible resolver eses problemas en 100 días, pero comprometeuse firmemente a abordalos de xeito decidido e asumir dende o Concello as decisións máis convenientes para a cidadanía. Así, entre esas cuestións a abordar citou a praza de España, Menáncaro, Sartaña, as expropiacións de Canido, o centro comercial de Caranza, o centro comercial Porta Nova e a praza de Armas.

Pola súa banda, Beatriz Sestayo centrouse nos ámbitos de participación, benestar, igualdade e solidaridade. Avanzou a urxente convocatoria para a creación de todos os órganos consultivos e participativos a constituír segundo o programa. Tamén a posta en marcha gradual da oficina de atención cidadá e da oficina do Centro Cívico de Caranza como rexistro auxiliar nesa idea de descentralización da administración. Asemade, asegurou que se iniciará a curto prazo a planificación para a posta en marcha da administración dixital, así como que botará a andar o servizo de información e atención ás persoas dependentes. Outra das prioridades no campo social será a mellora da organización e prestacións da casa de acollida e a redacción do plan de usos do futuro edificio social. De igual xeito, iniciaráse o plan de eliminación de barreiras audiovisuais e sonoras e poráse en marcha o rexistro de ONG`s e voluntariado.

Economía e medidas de choque

Ramón Veloso detallou as accións a emprender no eido económico e as medidas de choque a pór en marcha. Respecto ás primeiras, asegurou que o Concello realizará un análise económico sobre a execución presupostaria, a situación da débeda de proveedores, da débeda financieira e da situación contractual (tanto dos compromisos anuais e plurianuais como dos contratos pendentes de adxudicar). O número tres comprometeuse tamén a iniciar os trámites precisos para a creación da oficina presupostaria e da unidade de contratación, á par que o alcalde dará a orde de inicio de elaboración dos orzamentos.

Como medidas de choque, Veloso asegurou que se contratará ou ampliará o contrato para a posta en marcha de compactadores de residuos urbanos en mercados, centros sanitarios e outros grandes productores de residuos. Melloraráse o servizo de transporte público establecendo novas rutas e frecuencias e colocaránse novas marquesinas e paneis informativos informáticos. Firmaránse contratos urxentes para o arranxo de rúas, para a sinalización horizontal e vertical, revisaráse ou contrataráse un servizo de mantenemento de mobiliario urbano, reordenaránse os puntos de información turística e prepararáse unha concesión de kioscos para atraer á xente de novo ás rúas.

En materia de tráfico e seguridade, Ramón Veloso apuntou que se elaborará un análise da circulación, procederáse á sinalización axeitada de desvíos provisionais e coordinaránse as obras en execución e as previstas coa creación da comisión de seguemento de infraestructuras. Asemade, controlaránse as áreas de carga e descarga e revisaráse a limitación de tonelaxe na cidade. Por último, proponse a contratación dun estudo dun Centro de Transportes.

Festas de verán

Mercedes Carbajales informou de que unha das primeiras medidas a emprender será a constitución do Consello Escolar Municipal, despois de que durante os últimos catro anos non se convocase. Desenvolveránse tamén as actividades extraescolares dacordo coa comunidade educativa; potenciaránse os comedores escolares; abordaráse a programación do segundo semestre do 2007; traballaráse na programación das festas de verán; iniciaráse a elaboración da normativa de usos de contenedores culturais e potenciaráse a programación da banda municipal. Asemade, Mercedes Carbajales destacou a necesaria revisión de horarios da biblioteca central, a posta en marcha dunha campaña informativa para potenciar os usos da biblioteca, a elaboración dun plan de usos das instalacións deportivas e o impulso decidido ás obras do Auditorio Municipal.

Manolo Santiago centrou a súa intervención no emprego e no medio ambiente. Así, respecto ao primeiro apartado, anunciou a convocatoria inmediata da mesa do pacto local polo emprego para o estudo das posibilidades reais e futuras da cidade. En canto ao segundo, destacou dúas medidas para erradicar dous problemas latentes especialmente na zona rural: a elaboración do mapa de vertedoiros incontrolados e a aplicación da ordenanza municipal de xestión de residuos forestais. Asemade, indicou que se iniciará a elaboración do plan de actuación ambiental para o segundo semestre do 2007 e revisaráse e ampliaráse o ámbito temporal do plan de socorrismo nas praias co obxecto de evitar que se repitan situacións como a do ano pasado, cando a 15 de xuño os areais estaban sen socorristas pero si con bañistas.

Por último, Vicente Irisarri pechou a exposición de accións a emprender subliñando dous dos seus principais compromisos cos ferroláns: “o primeiro é o traballo e o segundo, atacar con decisión os problemas”.


Participación ciudadana

Irisarri sitúa o diálogo cos veciños como a súa primeira prioridade e aposta pola creación do Valedor municipal
O candidato socialista á Alcaldía de Ferrol comprométese a implantar un modelo de cidade participativa e a constituír unha concellería específica

Ferrol, 23 de maio de 2007.

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Ferrol, Vicente Irisarri Castro, asegurou hoxe que a súa máxima prioridade ao fronte do Concello será fomentar o diálogo cos veciños. E, para alcanzar este obxectivo, o socialista plantexa toda unha serie de medidas que convertirán a Ferrol nunha cidade participativa e aberta. A primeira, a constitución da propia Concellería de Participación Cidadá. Non será a única, xa que o socialista tamén aposta pola creación da oficina de atención cidadá como punto de información, recepción de suxerencias e reclamacións, e pola posta en marcha da figura do Valedor municipal, persoa que se encargará de velar polo cumprimento dos dereitos cívicos no eido municipal de Ferrol. Este dará conta en pleno dos seus informes e as súas recomendacións terán carácter vinculante, dende o punto de vista ético, para o PSOE.

Nesta liña, Vicente Irisarri defende o uso das novas tecnoloxías para promover o debate, a consulta e a participación dos veciños nos asuntos de interese municipal. Un xeito de garantir o acceso universal e acurtar distancias. Asemade, o candidato socialista comprometeuse a facilitar outros instrumentos e canles para conferir á participación cidadá a importancia de constituír un obxectivo prioritario das políticas socialistas. É por isto que, a maiores do exposto, o alcaldable do PSOE aboga pola creación do consello de participación cidadá, órgano municipal de funcionamento permanente no que estarán representados os distintos sectores da cidade, así como pola elaboración dun plan municipal de participación onde se plasmen as liñas de traballo do goberno local neste eido, buscando a implicación da sociedade ferrolá no seu deseño, desenvolvemento e avaliación.

Outra das prioridades para o socialista será fomentar o asociacionismo como elemento dinamizador e protagonista das actuacións do Concello e, á par, crear a rede de asociacións. Unha iniciativa que favorecerá o intercambio de información sobre os seus integrantes, os seus obxectivos, as súas actividades e as súas experiencias.

Carta de dereitos cidadáns

Vicente Irisarri propón tamén a elaboración dunha carta municipal de dereitos cidadáns que dé conta do exercicio dos dereitos cívicos da ciadadanía. En especial, no eido da participación nos asuntos públicos. Ao respecto, considerou como prioritaria a redacción da carta de servizos. Neste contexto, avanzou a redacción de plans de comunicación interna e externa no Concello, promovendo a transparencia da xestión local e a integración en redes de traballo intermunicipal e con outras administracións.

Aproveitando que mañá, xoves, será o último día da campaña no que Vicente Irisarri e o seu equipo manterán distintos encontros coas entidades veciñais, o candidato socialista quere agradecer publicamente a axuda dos ferroláns á hora de transmitirlle as súas dúbidas, necesidades, reclamacións e tamén ánimos nestes días. En especial, a todos aqueles cidadáns, membros de asociacións ou non, que contribuíron decisivamente coas súas aportacións ao programa electoral socialista. Un programa que, en todo caso, permanecerá aberto a novas suxerencias durante os vindeiros catro anos.

En definitiva, Vicente Irisarri asegurou que o seu obxectivo será outorgar aos veciños o papel central que merecen na política do Concello. E, para iso, buscará a súa implicación activa na elaboración e desenvolvemento das actuacións públicas que lles afectan.


Paula

Buenos días,

Yo no soy experta, tristemente, en materia de gobierno, con lo que no puedo opinar demasiado ni hablar de métodos, pero si puedo contaros algunas cosas que hoy por hoy me parecen mal de Ferrol, y tengamos en cuenta que, tras 8 años fuera, ahora que he regresado puedo ver las cosas desde otro ángulo, diferente al de si estuviese toda mi vida aquí. Las cosas que voy a poner son nimiedades, lo sé, frente a acciones más complejas como infraestructuras y demás, pero son pequeños gestos que, en otros lugares, he visto cómo levantaban puebluchos de la nada, y le daban una vida que ojala algún día logre Ferrol:

1- Por alguna razón, y por más que me fastidie reconocerlo, parece que vivo en una ciudad de segunda, si es que puede llegar a llamarse ciudad. Y no entiendo por qué, dadas las posibilidades que a simple vista se ve que tiene de despegar, crecer y ponerse en el lugar que le corresponde. Me gustaría poder presumir de ciudad. Y que mis futuros hijos no quieran irse de aquí, a Santiago o Coruña, como la mayoría de mis amigos quieren hacer en cuanto terminen de estudiar.
2- Según tengo entendido, el recinto ferial de la Malata está casi todo el año desaprovechado. ¿Por qué no se pueden organizar conciertos? Antes, los veranos estaban repletos de conciertos; ahora, la gente de aquí, si quiere divertirse, tiene que irse a otros sitios. ¿Por qué no organizar algún festival de música que pretenda mantenerse a lo largo de los años y llegar a ser famoso internacionalmente? No hace falta irse muy lejos para ver ejemplos, en Ortigueira. Hasta en San Javier (Murcia), que son 4 gatos, lograron montar uno (“Menor Rock”), que en tan sólo 4 ediciones se convirtió en referente. Sólo poniendo algunos autobuses, podríais promocionar los hoteles, campings, etc, que seguro se llenarían durante los días que dure el festival.
3- ¿Y qué me decís de las ferias? Ahí ya no entro tanto porque supongo que costará más dinero organizarlas, pero sería estupendo plantearse seriamente qué tipo de ferias escasean por esta zona de España, y ponerse a ello. Otro ejemplo, en TorrePacheco (Murcia), que si en el otro pueblo eran 4 gatos en este no se si llegarán, casi cada fin de semana tienen una feria, IFEPA (http://www.ifepa.es/), y es increíble la gente que acude. Y puedo asegurar que el recinto ocupa casi la mitad del pueblo, como quien dice.
Por lo que parece, además de la buena organización y ofrecer calidad en las exposiciones, la constancia es lo que hace más fácil en afamar estas cosas, y atraer a gente de fuera de Ferrol, y por qué no, de Galicia. Ejemplos: http://www.ficomic.com/ORIGINAL/salonmanga2006/index.html, http://www.ficomic.com/, coches de época, motos, ganadería…, además de las típicas de caballos, cánidos y felinos, que siempre atraen al público.
También podríais probar con exposiciones interactivas para los críos, organizar excursiones de los colegios, proponerlo no slo a los de Ferrol, etc.
4- ¿Por qué no intentar potenciar los museos, y crear alguno más, originales e interactivos, sin necesidad de ser copias de otros?
5- Por último, ya que el mensaje se está haciendo muy largo, y además no se siquiera si lo estaréis leyendo, (^_^), ¿qué pasa con los negocios en Ferrol? Buscando alguna empresa que tenga a bien darme trabajo, me pateé el centro de Ferrol, ¿para descubrir qué?, que la mayoría de los locales están vacíos, muchos de ellos ya ni tienen el cartel de se alquila (normal, si no hay ni un alma), sólo quedan 4 cafeterías y algún bazar que debería estar ya abierto cuando se fundó Ferrol.
¿Por qué no recuperar el centro, y que no tengamos que irnos a comprar a Narón, o peor, a Coruña?
6- Y algo que tengo que decir, dada mi formación, más potenciación del Medio Ambiente, sobretodo desde el punto de vista de la gestión municipal, y la información ciudadana. (Me ofrezco voluntaria, jaja)


Con lo bonitas que son nuestras calles, con lo que se podría atraer al turismo también en este aspecto, con las cosas tan simples que harían de Ferrol una ciudad de renombre, no entiendo qué mentalidad se está usando a la hora de gobernar, pero está claro que no funciona.

Gracias si de verdad habéis leído hasta aquí :P. Podría poner miles de cosas más pero ya empezaría a enrollarme demasiado.

Un saludo,

Paula


Mónica

Hola Antonio:
Conocí a Vicente Irisarri en una charla sobre turismo que dío en la Universidad hace ya algunos años.
Ya de aquellla me parecío una persona comprometida con la ciudad ,pues hablaba con mucho entusiasmo sobre el campeonato de Surf que se celebraba en la comarca, y se notaba que disfrutaba con darle" algo más "a Ferrol.
Creo que el señor Irisarri, es un aire fresco para Ferrol,( ya está bien de mirar al pasado y anclarnos en él), en medio de un aire rancio que es el que nos ha gobernado estos últimos años.....
Ahora vivo en Narón...como la mayoría de las personas de mi edad...
¿El principal problema de Ferrol? Que nos estamos marchando todos de ahí, que no ofrece nada nuevo a los jovenes......no hay casa asequibles, ni trabajo estable , ni nada que nos retenga ....sacaron el caballo de Franco y la ciudad sigue teniendo el mismo aire rancio...
Trabajo en un hotel de la ciudad y Españoles y extranjeros se quejan tosdos de lo mismo......!la ciudad está muerta!!!
Necesitamos arreglar nuestro centro modernista ,que se nos cae a trozos, y más jardines donde correteen nuestros hijos.....lo de ir a la plaza de Armas a jugar en pantalon corto ya no se se lleva.....
Os deseo mucha suerte...
Ayudad un poco" Ferroliño"


María

Voy a aprovechar la ocasión para pedir al PSOE simplemente honradez. Haga lo que haga, desde el gobierno o la oposición, por favor, sed honrados y trabajad por el pueblo. La gente está cansada de ser engañada y explotada. Ya está bien de exprimir siempre a los más pobres y al obrero.
Ferrol necesita que su gobierno mire por los jovenes, por la estabilidad laboral, porque si no, nos seguiremos marchando y cada vez la población envejecerá mas y mas, y ya no habrá ilusión que valga porque nuestros mayores tambien estan cansados de luchar y solo desean paz y tranquilidad para su vejez.
Esta bien que nos conozcan en el mundo, pero nos iria mejor si dejaramos de mirar hacia fuera, a lo que piensen los demas, y miraramos a nuestro interior, si hacemos lo que decimos o nuestras palabras son solo un medio para conseguir poder y una vez conseguido... adios a lo prometido.
Nuestras calles dan pena, estan destrozadas por los baches y pasan meses sin que nadie las arregle.
A los vecinos les expropian las casas por cuatro perras y a nadie le importa. Mientras que los precios de las viviendas suben sin parar y es impensable acceder a ellas.
Aunque por otro lado, quiza mañana salte una chispa en REGANOSA y ya nada de esto importe porque simplemente habremos desaparecido del mapa.
Necesitamos empleo digno y accesible en igualdad de condiciones, que las empresas y el propio ayuntamiento dejen de funcionar como mafias en las que solo la familia o quienes piensan como ellos consigan empleo, pero no a cualquier precio.
Estoy harta y como ves no soy politicamente correcta. ¿Quereis mi voto? Ganáoslo. Como yo hay miles de jovenes en Ferrol. No nos diigais lo que queremos oir, hacedlo y acudiremos a las urnas como el pobre a la puerta de la iglesia. Estamos hambrientos de una cosa: DIGNIDAD.
PD: Gracias por esta oportunidad de ser escuchada.


Benjamín

Pues en mi opinion el principal problema de Ferrol es el empleo.Considero necesario la creación de algún polígono industriales o empresariales y que las empresas realmente se asienten y no usen las parcelas para especular. De esta forma habría más empleo y mejorarían los ingresos del ayuntamiento.
En esta línea serían necesarios mejores accesos al puerto exterior.


José Luis

Mi opinión personal de lo que ocurre en Ferrol, es el mismo problema que existe en galicia, mal acceso de transporte, autoestima personal de los ciudadanos por los suelos debido a un complejo de inferioridad arrastrado por un pasado traumático... Minifundio, feísmo, poca iniciativa, pocas empresas autoctonas... Es un poco egoísta por parte de los ferrolanos pensar que somos lo peor, etc etc. Ferrol, es lo que es y lo que siempre fue, una ciudad venida a menos, que alcanzó su explendor en una época determinada, como Pontevedra, Ourense etc...
Ferrol, es una ciudad entre lo obrero y lo militar, por eso siempre hay cambios en el poder. Quizá necesite un gobierno estable, como ocurre en Narón, aunque la verdad, es que no me preocupa. La gente suele creer que Narón está mejor por el gobierno de Narón, pero yo no me lo creo, ´simplemente son ciclos, como los equipos de fútbol. Además Narón es lo que es, también por Ferrol.Sinceramente, no soy Municipalista. Los municipios, poco pueden hacer si no hay dinero en la ciudad. En ferrol, el dinero lo tienen los militares, y la mayoría no invierten en Ferrol. A no ser que se fomente una conciencia y se apoyen iniciativas empresariales, por parte de los gobiernos, es muy muy complejo que un gobernante pueda hacer de Ferrol, una especie de Coruña. En todo caso, todo es mejorable, por supuesto. Mi voto, se lo daré al BNG como voto útil, o al PSOE, para evitar que gobierne el P.P, pues no comulgo con las morales de derechas.


Ana Mª

Estimado Miguel:

En primer lugar, me gustaría agradecerte el mail informativo sobre la campaña de vuestro partido, ya que como estudiante de derecho, estoy bastante interesada en el mundo de la política; y en segundo lugar porque como buena ferrolana me preocupan los problemas de mi ciudad.
En cuanto a la cuestión que me planteas en el mismo, sobre cuales creo que son los principales problemas de nuestro ayuntamiento, en mi humilde opinión, considero que queda mucho por hacer en Ferrol, fundamentalmente en lo que se refiere a la concienciación ciudadana, ya que la mayoría de los ferrolanos no valoramos las enormes posibilidades con las que cuenta nuestra ciudad y nuestro entorno, quiza por una falta de confianza motivada por la mala gestión de unos y otros. Por otro lado, creo que otro inconveniente en Ferrol, es el empleo, tanto en lo referente al paro, como a la precariedad laboral.
A título personal, me gustaría comentarte que llevo aproximadamente 2 años participando en el Proyecto Diana, un programa de empleo cofinanciado por el Fondo Social Europeo, cuyo objetivo es formar a mujeres desempleadas y facilitar la inserción laboral de un 25% de las beneficiarias.
A día de hoy, despues de realizar dos cursos dentro del citado proyecto, puedo decir que ninguna de mis compañeras, incluída yo, tiene un puesto de trabajo, ni tenemos conocimiento de alguien que lo haya conseguido.
Con todo ello, quiero decir, que me parecen muy bien este tipo de iniciativas, la formación que proporcionan, etc.., pero me gustaría que se cumplieran sus metas y que los fondos sociales no caigan en saco roto. Esta es una de las propuestas, que como joven, me gustaría tuvierais en cuenta en vuestro programa electoral.
En resumen, Ferrol necesita unos dirigentes que con trabajo, esfuerzo y colaboración le devuelvan la confianza a sus ciudadanos; y que desarrollen una política de soluciones y no de palabrería, de hablar mucho y no decir nada.
Todo esto es lo que yo como ferrolana, en el caso de que os brinde mi voto, espero de vuestro partido.
Un saludo,

Ana Mª


Jorge Juan

Buenas tardes:

En cuanto a los problemas de ferrol y las soluciones que me indica que su candidato hallo para la playa de pantin, sinceramente, creo que son cosas que no tienen que ver, pues se centra usted en hacer referencia a un evento deportivo que contribuyo a destinar dinero de diversas instituciones que puede que lo hubiesen destinado igualmente, pues de un tiempo a esta parte todas las playas de la zona se han mejorado sustancialmente. Hablen ustedes de su gestion en puertos y la labor realizada como gestor, que creo que es una materia mas relevante e interesante para aquellos que debemos elegir un gestor para nuestra ciudad y no para algun evento deportivo.

Sin mas me despido de ustedes esperando que mis palabras les sirvan de consejo.

Un saludo


Manuel Antonio

Estimado Antonio Miguel

Por supuesto, mi voto y los de mí familia van para Vicente Irrisarri.

Los temas de Ferrol me interesan, los puedo resumir:
* Adecentar las calles, más limpieza.
* Más seguridad ciudadana.
* Una Ciudad más atractiva, donde un fin de semana no tengamos que pensar a donde ir ya que en Ferrol todo está cerrado y sin ningún tipo de aliciente.
* Que el ayuntamiento trabaje, de verdad para los ciudadanos.
* la policía Local y los bomberos están para servir a los ciudadanos.

Si más decirte que teneis cuatro votos más.

Un cordial saludo

Manuel Antonio


María

Estimado Antonio Miguel,

En relación a uno de los motivos por los que me escribias este e-mail, puedo sugerir que:Ferrol, si no queremos, que pase a formar parte de la historia como una ciudad que fue en un pasado, deberia en primer lugar fomentar la industria y los puestos de trabajo.

Yo he estado expatriada en Turquia durante dos años y medio y decidí volverme y apostar por Ferrol, era donde queria trabajar y quedarme a vivir.

Pero todo esto no fue posible. Durante 3 meses estuve buscando trabajo y al final me he tenido que ir a Coruña, donde he empezado una nueva vida.

Esto que me ha pasado a mi, le ocurre a la mayoria de los jóvenes, y no es simplemente porque no estemos preparados, creo que mi CV y mi experiencia es muy buena, por lo menos fuera de Ferrol no he tenido ningun problema.

El segundo motivo de tu e-mail, siento decirte, que no podré darle mi voto a Vicente Irisarri, como bien te decia anteriormente, ahora no estoy censada en el ayuntamiento de Ferrol.

Un saludo

Maria


Mercedes

Estimado Miguel:

Tengo muy buenas referencias del Sr Irrisarri, y también conozco a alguna otra persona que va en vuestra lista.

Por otra parte comentarte que también (porque he trabajado en el ayuntamiento hace 2 años) conozco la labor que ha desarrollado el actual equipo de gobierno, concretamente creo que la labor del concejal de empleo y hacienda ha sido digna de elogio, teniendo en cuenta la situación de las arcas municipales.

Mi voto siempre ha sido "de izquierdas" aunque he considerado, en función del tipo de convocatoria distintas opciones. En esta ocasión no lo tengo nada claro.

Y sinceramente, el principal problema de Ferrol, es la falta de iniciativa de sus ciudadanos, me molesta que se le eche la culpa de la situación actual de la ciudad a los sucesivos gobiernos municipales sean del color que sean (esta ciudad está demasiado acostumbrada a que la tutele "papá Estado).

Hace tres años inicié mi trayectoria como profesional independiente, después de plantear mi plan de empresa y de hacer un estudio de mercado, me decidí, por Narón, a donde me voy a trasladar en breve.

Nada más, espero que mi opinión os haya servido de algo

Saludos

Mercedes


María Belén

No ssé exactamente que es lo que su partido tiene previsto para Ferrol, lo que sí sé es que cada vez que su partido entra en un Gobierno, Ferrol se hunde. ¿Casualidado causalidad?Reconversión naval, ayuda al destrozo de la Plaza de España junto con el Bloque aparte de una hiperdeuda.
¿Saben hacer algo que no suponga el hundimiento de la ciudad, porque, a lo que yo he podido comprobar alli donde está el PSOE a Ferrol lo hunden.
Por Coruña han hehco mucho, pero por Ferrol nada de nada.
Y luego se acuerdan de los ciudadanos cuando se acercan las elecciones, de aquella sí, pero mientras, ¿a quien le interesa si tienen un trabajo para poder vivir, ya no digo con lujos, sino al día? No hace falta queresapondan porque ya sé yo lña respuesta, A NINGUNO.
Pues hablaremos de votos cuando podamos ver que por una vez en la vida su partido, que a mi especialmente me parece un partido totalmente de derechas, por mucho que digan y se se esfuercen de lo contrario, porque esa es la imagen que dan. Y no solo en Ferrol sino en toda España.
Que viene el PSOE señores, pónganse a temblar, que miedo me dan de lo que se les pueda ocurrir. Son un peligro en potencia.
Cuando podamos encontrar trabajo y competir como en otras cuidades en lugar de sacarla del mapa, podremos hyablar de futuro, mientras Ferrol vive del pasado socialista que lo hundió con la reconversión y siguió después.
Ahora También están en la Xunta, yo he preparado oposiciones y es para onerse a temblar, hasta la Constitución pretendían saltarse. Los exámenes sólo en Gallego, que tenemos dos lenguas oficiales y podemos utilizar cualquiera de las dos, no la que nos impongan. El de deber de conocerlas y el derecho de usarlas, señores. Puedo utilizar la que quiera yo no la que quiera la el gobierno de la xunta de turno. Y conste que no tengo nada en contra el gallego que lo uti,izo cuando quiero, pero cuando quiero no cuando quieren los demás. Yo estoy orgullosa de ser gallega pero tambien puedo usar el castellano si me da la gana. Haber si aprobechando les hacen entender esto al gobierno de la Xunta, que parecen no querer darse cuenta. Pues pienso acudir al constitucional si es necesario aunque solo sea para darles con los papeles en las narices, que no pueden hacer lo que les venga en gana, que la gente no estamos para aguantar sus caprichos. Menos mal que tenemos La Constitución y eso les puede para los pies en canto a eso. Y que Viva España que también soy ESPAÑOLA, por mucho que le pese a los nacionalistas. Gallega sí pero no tonta.Creo que con esto ya se puede hacer una idea. El día que el PSOE haga esto, puede que cuente con mi voto. Mientras, lo veo dificil. Mi padre trabajaba en la antigua ASTANO, ¿recuerdan?. Yo perfectamente.
De todos modos, un saludo, que seguramente en aquella época usted ni pinchaba ni cortaba en esto.


Cristina

Estimado Sr. García:

Gracias por su mensaje y por interesarse por mis opiniones.

Verá, yo considero que Ferrol tiene varios problemas y que todos ellos, de algún modo, están relacionados. Para mí, esos problemas son el desempleo, la vivienda, el urbanismo y el medio ambiente, y creo que los demás se articulan básicamente en torno a ellos. No veo un programa coherente para abordar ninguno de dichos problemas. No hay solución a la vista para el naval ni para los jóvenes, los que no llegamos al mileurismo no tenemos grandes perspectivas de llegar a poseer una vivienda, y la construcción se nos está yendo de las manos en detrimento del medio ambiente. Ferrol tiene un gran potencial desaprovechado y, según mi parecer, se están tirando por la borda sus cualidades. Intentamos vender una imagen que no se corresponde del todo con la realidad. ¿Qué solución le daría yo a todo esto? Coherencia, coherencia, coherencia. Que los políticos dejen de mirarse el ombligo y se preocupen por los problemas reales, por la gente, y sobre todo tengan una imagen global de lo que conviene hacer, en lugar de dedicarse a pequeñas actuaciones que no benefician a nadie. Francamente, y por poner unos simples ejemplos, a muchos nos parecía que, si se retiraba la estatua de Franco de una vez, tendríamos una Plaza de España un tanto decente; que, si se construía la EDAR en la antigua Nave, sería un modo apropiado de resolver la papeleta, dentro de lo que cabe; y que, con la de viviendas desaprovechadas que me encuentro a diario por la calle, tal vez los jóvenes pudiéramos tener una oportunidad sin hipotecarnos dos generaciones. En lugar de eso, tiramos el dinero en perforar la Plaza de España y crear un caos circulatorio que, hablando claramente, tiene tela; rellenamos la ría y levantamos el monstruo de la depuradora donde está, y no varios metros más allá, para no perder fondos de la Unión Europea; y seguimos construyendo urbanizaciones para ricos, destruyendo zonas verdes que estaban perfectamente tal y como estaban, mientras otros, por mucho que trabajemos, no tenemos otra perspectiva a medio plazo que seguir en casa de papá y mamá.

Si pudiéramos dejarnos de tonterías irrelevantes y centrarnos, tal vez encontrásemos una solución integrada, en lugar de proponer cosas como (según lo que decía Juncal en “La Voz de Galicia”) una piscina olímpica para Ferrol. Como si no hubiese cosas más urgentes, vaya, Y que conste que soy deportista y reconozco el valor de las instalaciones deportivas, pero hay cosas que juzgo innecesarias y secundarias.

Conozco a Vicente Irisarri y también reconozco el valor de lo que ha hecho. Mi ideología es de izquierdas y le he votado al PSOE siempre que he creído necesario, si bien soy votante de Izquierda Unida. Este año, con todo, pienso votar a los Verdes por puro hastío político y porque pienso que alguien debería dar una oportunidad algún día a partidos pequeños y alternativos, que pueden tener buenas ideas que se hunden en la miseria simplemente porque no provienen de los dos o tres “grandes” de la política. Evidentemente mi voto no tendrá mucho valor, porque los Verdes no tienen fuerza en Ferrol, pero será mi modo de protestar contra lo que se está haciendo y lo que, por lo visto, muchos piensan hacer con una ciudad que es la mía y que me hace sufrir en el alma cuando veo cómo la maltratan.

Dicho esto, espero sinceramente que el PSOE pueda llegar a gobernar, ya sea en solitario o en una coalición de izquierdas, porque (por mucho que la abajo firmante vaya a votar a otros) algo debe cambiar de una vez en esta ciudad y creo que ustedes pueden intentarlo.

Muchas gracias por tomarse el tiempo de leer los comentarios de esta ciudadana. Ojalá les sirvan de algo.

Un atento saludo,
Cristina


miércoles, 23 de mayo de 2007

Igualdade, red de canguros

O PSOE creará un servizo municipal de canguros e promoverá a construcción de garderías para conciliar familia e traballo
Irisarri avanza que porá a disposición das víctimas de maltrato profesionais que as acompañen a formular a denuncia e as asesoren sobre os pasos a dar

Ferrol, 21 de maio de 2007.

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Ferrol, Vicente Irisarri Castro, asegurou hoxe que a igualdade entre homes e mulleres será unha das súas prioridades de goberno se recibe a confianza dos veciños o próximo domingo. Como tamén o será rematar coa indefensión das víctimas de maltratos. E, no primeiro caso, un dos seus obxectivo será facilitar a conciliación da vida familiar e laboral. ¿Como? Entre outras medidas, Vicente Irisarri avanzou que promoverá a construcción de garderías e centros de ocio para menores, á par que implantará un auténtico servizo municipal de canguros. Neste senso, o socialista sinalou que dende o Concello tamén se favorecerán políticas de emprego tendo en conta a perspectiva de xénero, fomentando accións positivas de inserción laboral e potenciando o traballo autónomo.

Outra das liñas prioritarias de actuación para o socialista será a implantación, con tódalas garantías, da Lei de Medidas Integrais contra a Violencia de Xénero, asegurando a confidencialidade e intimidade da muller, á que se prestará axuda dende o momento mismo do primeiro contacto cos servizos do Concello ata a súa plena inserción social. Para isto, o socialista explicou que o Concello porá persoal a disposición da muller para que a acompañe a formular a denuncia e, no seu caso, para pasar o exame médico oportuno. Os mesmos traballadores tamén se ocuparán de tramitar as medidas de protección oportunas en coordinación coas Forzas de Seguridade, de informar ás víctimas dos seus dereitos e de garantir, en todo caso, a súa intimidade. Asemade, o Concello coordinará tódalas prestacións e servizos que poidan beneficiar ás víctimas e aos seus fillos.

Nesta liña, Vicente Irisarri se comprometeu a pór a disposición das víctimas de maltrato unha verdadeira casa de acollida que reúna as condicións adecuadas para garantir a seguridade tanto das mulleres como dos menores que acudan a misma. Así, disporá de persoal adecuado as 24 horas do día e os 365 días do ano. Nesta liña de actuación, o Concello de Ferrol activará programas e medidas de carácter educativo, establecendo campañas de colaboración e información con tódalas capas da sociedade e, en especial, cos centros escolares. Asemade, o goberno local desenvolverá, en coordinación coas administracións da Xunta de Galicia e do Goberno central, todas as medidas integrais nesta materia. Incluso no eido sanitario e da formación.

Vicente Irisarri engadiu que tamén pretende impulsar a paridade na composición dos órganos do Concello e constituír a mesa de igualdade, onde participarán as asociacións de mulleres ou mulleres individualmente. Ao respecto, asegurou que contará con representación destacada no Consello de Participación Cidadá.

En definitiva, o alcaldable do PSOE ratificou a súa aposta decidida por facer da igualdade entre homes e mulleres un pilar básico das políticas socialistas, coas que sempre estivo comprometido o partido que representa e como proban proxectos lexislativos como a Lei de Medidas Integrais contra a Violencia de Xénero ou a Lei de Igualdade.


Abrir Ferrol ao mar

Irisarri aposta por abrir Ferrol ao mar e facer accesible aos cidadáns o patrimonio monumental do Arsenal
O candidato socialista avanza que contratará de inmediato un Plan Director, procedemento que o Ministerio de Defensa valora positivamente

Ferrol, 22 de maio de 2007.

Vicente Irisarri traballará para que “Ferrol deixe de vivir de cara a parede” e “se abra ao mar”. E, para iso, o candidato socialista á Alcaldía da cidade comprometeuse esta mañá a contratar de inmediato, se recibe a confianza dos seus veciños, un Plan Director que estude as posibilidades de integración da riqueza monumental do Arsenal na vida cidadá. Un proxecto que o Ministerio de Defensa ve con bos ollos sempre e cando se respete o concepto de seguridade e que permitirá pór a disposición dos ferroláns o patrimonio monumental deste espazo ata agora inaccesible para o desfrute dos cidadáns.

O socialista compareceu hoxe ante os medios de comunicación para dar conta dos seus plans e asegurou que “agora a sociedade comeza a falar en serio desta posibilidade, máxime cando Ferrol está a apostar pola declaración de Patrimonio da Humanidade”. E, para o socialista, esa aposta queda coxa se a riqueza patrimonial vinculada historicamente a Defensa non é visible nin disfrutable para os cidadáns. Lembrou neste senso que nos anos 90 iniciouse un proceso que o socialista pretende retomar e concluír: a Autoridade Portuaria, naquel entón presidida polo propio Irisarri, sustituía un trozo de muralla emprazada diante do Cuartel de Instrucción por unha valla diáfana. Esta primeira acción foi continuada tamén no seu día polo ex alcalde socialista Manuel Couce Pereiro. Pero para o socialista chegou a hora de ser máis ambiciosos e plantexar dunha vez por todas un Plan Director que recolla todas as posibles actuacións dándolle un contido global e un desenvolvemento secuencial no tempo.

Deste xeito, sinalou que se recibe a confianza dos seus veciños ordeará a súa redacción inmediata por parte dun equipo multidisciplinar integrado por historiadores, arquitectos e enxeñeiros, coa colaboración da Universidade e, loxicamente, da Armada. Este encargaráse de estudar ao detalle a riqueza monumental destas instalacións e determinar a súa accesibilidade. “Non se parte de cero, posto que a citada riqueza patrimonial xa está moi estudada aínda que continúa invisible para a maioría dos cidadáns”, recalcou Irisarri. Concretamente, subliñou a necesidade de determinar o valor patrimonial da muralla do século XIX que se extende dende a praza de Galicia ata Curuxeiras a fin de ver se é posible o seu derribo, o seu retranqueo ou incluso mantela como elemento patrimonial de interese, en cuio caso a citada muralla ou unha huella dela quedaría integrada no boulevard que se proxecta dende o Jofre ata o peirao comercial. Asemade, o propio equipo terá que aplicar os mesmos criterios de análise ás edificacións emprazadas no interior do Arsenal.

Nesta liña, Vicente Irisarri destacou que o equipo multidisciplinar terá que analizar dez hitos emblemáticos que calquer bo promotor turístico debería recomendar aos cidadáns que visiten Ferrol. Entre eles, o socialista considera indispensable incluír a Gran Batería ou a Sala de Armas, unha das tres prazas abertas ao mar que existen en Europa (Ferrol, San Marcos en Venecia e a Praza do Comercio en Lisboa).

De entrada, para o socialista habería tres graos de acceso: as zonas de paso restrinxido ligadas á Seguridade Nacional; as de uso mixto, con acceso permitido pero vixiancia permanente, e as zonas que, aínda dentro do perímetro de Seguridade nacional, se poden abrir ao público.

Promoción e promoción

“Hoxe en día o bo paño hai que promocionalo e mostralo”, asegurou para engadir que a transformación do Arsenal e o seu acceso público resultará como consecuencia lóxica da aposta pola súa declaración, xunto cos castelos da Ría, como Patrimonio da Humanidade e emblemática cidade da Ilustración. Nesta liña, abogou pola integración da Universidade no Consorcio recentemente formado.

Para facer realidade este proxecto, Vicente Irisarri é consciente de que precisa ir da man do Ministerio de Defensa. E, máis concretamente, da Armada. “Este plan debe ceder o protagonismo á cidadanía, representada no seu Concello, e ás Forzas Armadas”, indicou para engadir que, na recente visita que realizou a Madrid, a carteira que dirixe José Antonio Alonso acolleu positivamente esta iniciativa, feita con orde e visión de futuro. “Estamos ante unha nova etapa de colaboración entre administracións que nos permitirá avanzar de xeito decisivo”, subraiou.

Por último, Vicente Irisarri concluiu que “estamos a falar dun novo Ferrol, cunha actividade económica diversificada, na que o turismo cultural facilitará un mellor desenvolvemento económico”, subliñou para pór como exemplo a cidade de Santiago de Compostela, onde a súa Catedral e o seu casco histórico actúan como foco de atracción de milleiros de turistas cada ano, choiva ou faga sol. “A nosa Catedral é a nosa riqueza patrimonial ligada á Ilustración, que pronto se converterá en Patrimonio da Humanidade”, concluiu.


Situación económica en España

LOS DATOS CONFIRMAN LA FORTALEZA Y BUENA
SITUACIÓN DE LA ECONOMÍA Y EL EMPLEO EN ESPAÑA

En el primer trimestre de 2007:
􀂆 La economía española ha crecido un 4,1%, el mayor crecimiento registrado desde hace 6 años.
􀂆 La productividad ha crecido el 1,1%, el mejor dato desde el año 2000.
􀂆 Han aumentado el empleo y la contratación estable.
􀂃 Hemos alcanzado los 20 millones de ocupados en España.
􀂃 340.000 personas más han conseguido un empleo estable.
􀂃 La tasa de crecimiento del empleo se ha situado en el 3,4%.
􀂃 La tasa de paro ha descendido al 8,5% (hace un año estaba en el 9,1%).
􀂆 Han aumentado las exportaciones:
􀂃 Las exportaciones han crecido más (7%) que las importaciones (6,5%).
􀂃 Los bienes de equipo son el principal sector tanto en las exportaciones como en las importaciones.
􀂃 Se ha reducido el crecimiento del déficit comercial: un 5,7% frente al 11,6% de igual periodo de 2006.
􀂆 Hasta abril de 2007, las cuentas públicas han registrado un superávit de 20.842 M€, lo que representa un 16% más que en el mismo periodo de 2006.
􀂆 Ha crecido el turismo: en los primeros 4 meses del año España ha recibido 14,9 millones de turistas, un 2’3% MÁS que en igual periodo de 2006.
􀂆 En lo que va de año, las empresas españolas están registrando importantes mejoras en sus resultados. Las que forman parte del índice Ibex, han ganado en el primer trimestre 12.300 millones de euros: UN 34% más que en el mismo periodo del año anterior.

A este informe quiero añadir que los dos aspectos "menos buenos" de la economía en nuestro país en los últimos años estan mejorando: la competitividad y el saldo exterior por un lado, y el empleo con contratos indefinidos: estamos pasando de eventuales a fijos a 2700 personas al día.

El informe de Fondo Monetario Internacional (FMI) sobre coyuntura económica en España, correspondiente a mayo de 2007, apunta la buena marcha de la economía española y el buen ritmo de la creación de empleo:
“Junto al fuerte aumento del PIB, también se ha producido una rápida expansión del empleo, una significativa desaceleración de la inflación, un incremento de la productividad en el sector manufacturero y un fuerte superávit fiscal. Estos son bienvenidos signos de reequilibrio”.

Gracias por venir!


Participación ciudadana

Irisarri sitúa o diálogo cos veciños como a súa primeira prioridade e aposta pola creación do Valedor municipal
O candidato socialista á Alcaldía de Ferrol comprométese a implantar un modelo de cidade participativa e a constituír unha concellería específica

Ferrol, 23 de maio de 2007.

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Ferrol, Vicente Irisarri Castro, asegurou hoxe que a súa máxima prioridade ao fronte do Concello será fomentar o diálogo cos veciños. E, para alcanzar este obxectivo, o socialista plantexa toda unha serie de medidas que convertirán a Ferrol nunha cidade participativa e aberta. A primeira, a constitución da propia Concellería de Participación Cidadá. Non será a única, xa que o socialista tamén aposta pola creación da oficina de atención cidadá como punto de información, recepción de suxerencias e reclamacións, e pola posta en marcha da figura do Valedor municipal, persoa que se encargará de velar polo cumprimento dos dereitos cívicos no eido municipal de Ferrol. Este dará conta en pleno dos seus informes e as súas recomendacións terán carácter vinculante, dende o punto de vista ético, para o PSOE.

Nesta liña, Vicente Irisarri defende o uso das novas tecnoloxías para promover o debate, a consulta e a participación dos veciños nos asuntos de interese municipal. Un xeito de garantir o acceso universal e acurtar distancias. Asemade, o candidato socialista comprometeuse a facilitar outros instrumentos e canles para conferir á participación cidadá a importancia de constituír un obxectivo prioritario das políticas socialistas. É por isto que, a maiores do exposto, o alcaldable do PSOE aboga pola creación do consello de participación cidadá, órgano municipal de funcionamento permanente no que estarán representados os distintos sectores da cidade, así como pola elaboración dun plan municipal de participación onde se plasmen as liñas de traballo do goberno local neste eido, buscando a implicación da sociedade ferrolá no seu deseño, desenvolvemento e avaliación.

Outra das prioridades para o socialista será fomentar o asociacionismo como elemento dinamizador e protagonista das actuacións do Concello e, á par, crear a rede de asociacións. Unha iniciativa que favorecerá o intercambio de información sobre os seus integrantes, os seus obxectivos, as súas actividades e as súas experiencias.

Carta de dereitos cidadáns

Vicente Irisarri propón tamén a elaboración dunha carta municipal de dereitos cidadáns que dé conta do exercicio dos dereitos cívicos da ciadadanía. En especial, no eido da participación nos asuntos públicos. Ao respecto, considerou como prioritaria a redacción da carta de servizos. Neste contexto, avanzou a redacción de plans de comunicación interna e externa no Concello, promovendo a transparencia da xestión local e a integración en redes de traballo intermunicipal e con outras administracións.

Aproveitando que mañá, xoves, será o último día da campaña no que Vicente Irisarri e o seu equipo manterán distintos encontros coas entidades veciñais, o candidato socialista quere agradecer publicamente a axuda dos ferroláns á hora de transmitirlle as súas dúbidas, necesidades, reclamacións e tamén ánimos nestes días. En especial, a todos aqueles cidadáns, membros de asociacións ou non, que contribuíron decisivamente coas súas aportacións ao programa electoral socialista. Un programa que, en todo caso, permanecerá aberto a novas suxerencias durante os vindeiros catro anos.

En definitiva, Vicente Irisarri asegurou que o seu obxectivo será outorgar aos veciños o papel central que merecen na política do Concello. E, para iso, buscará a súa implicación activa na elaboración e desenvolvemento das actuacións públicas que lles afectan.


martes, 22 de mayo de 2007

Pequeño diario de campaña

Estimados amig@s:

Hace unos meses tomamos la decisión de poner en marcha un programa de acercamiento a los ciudadanos y a la problemática de cada uno de los barrios. Se tomaron dos vías: la primera reunión con las asociaciones de nuestro concello y la segunda escuchar a los ciudadanos individualmente. Una de las razones era oír a cada persona, estuviese o no representada por una asociación de vecinos u otro colectivo.

Comenzamos por nuestros afiliados. Nos fue dando un perfil de las distintas preocupaciones por barrios y para ir confeccionando el programa electoral.

El lanzamiento en la calle se produjo en la semana anterior a la visita de Touriño a Caranza el 23 de abril. En este acto Vicente Irisarri y el PSOE comenzaron a hacer las propuestas concretas para Ferrol y para Caranza. Conseguimos llegar en persona o mediante buzoneo a más del 90% de la población, y el acto de Touriño y de Vicente fue un éxito.

A partir de ese momento hemos seguido acercándonos a los ciudadanos puerta a puerta y por la calle haciendo básicamente una pregunta: "¿qué es lo que más le preocupa sobre su barrio y sobre Ferrol?". La pregunta es abierta a propósito para que cada persona responda lo que realmente crea. Todos esos datos los vamos incorporando a la lista de prioridades para el trabajo en la próxima legislatura.

Hoy, viernes 25 de mayo, último día de campaña, paramos momentáneamente esta tarea. Decimos así porque el contacto con los ciudadanos y con todos los colectivos será constante en la corporación encabezada por Vicente Irisarri.

Desde aquí queremos dar las gracias a todas las personas que nos han atendido (503), voten por nosotros o no. Juntos haremos el mejor Ferrol posible.

Gracias por venir!


Pd: si queréis ver algunas de las respuestas que nos han dado pinchad en: http://socialistasdeferrol.blogspot.com/search/label/Los_ciudadanos_hablan


domingo, 20 de mayo de 2007

Medio ambiente

Irisarri aposta pola creación dun punto limpo para depositar residuos perigosos de uso común
Comprométese a establecer plans periódicos de limpeza dos fondos da ría, praias e outros espazos naturais mediante acordos con entidades sociais

Ferrol, 20 de maio de 2007.

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Ferrol, Vicente Irisarri Castro, comprometeuse hoxe a crear un punto limpo en terreos municipais en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente para depositar residuos perigosos de uso común, electrodomésticos, materiais eléctricos ou mobiliario usado. Á par, engadiu que dende o Concello se promoverá tamén a valorización como xestión dos devanditos residuos. O socialista asegurou que esta será unha das súas prioridades no capítulo de medio ambiente se recibe a confianza dos ferroláns o vindeiro día 27. Asemade, apuntou a súa intención de establecer plans periódicos de limpeza dos fondos da ría, praias e outros espazos naturais de valor que poidan levarse á práctica mediante acordos con entidades sociais do entorno ou relacionadas con eses espazos.

Nesta liña, avanzou a súa intención de elaborar un plan forestal que incentive a limpeza e recuperación dos montes da cidade, promovendo políticas de reforestación especialmente nos espazos que sexan patrimonio municipal. Ao respecto, engadiu que os socialistas destinarán os medios precisos para a correcta aplicación da ordenanza reguladora de actividades nos montes e espazos forestais, de modo que se respeten as distancias dende as plantacións ás estradas e se recolla a biomasa para o seu posterior aproveitamento.

Vicente Irisarri destacou que outra das súas prioridades no eido ambiental será a incorporación do contorno da Ermida de Chamorro para a súa reforestación e transformación nun espazo verde de uso público. Asemade, favorecerá a recuperación integral do canle do río da Sardiña e o seu entorno, e propiciará a celebración, cada 5 de xuño, do Día Mundial do Medio Ambiente.

Parque periurbano en Brion

O alcaldable socialista tamén sinalou que será un reto a conseguir a construcción dun Parque periurbano en Brion, apto para o sendeirismo e a práctica de bicicleta de montaña, que se convirta na antesala dun gran anel verde que una os espazos de interese natural como poden ser o entorno dos castelos, Cha de Brion e a Lagoa de Doniños. Asemade, os socialistas defenderán a recuperación integral do parque Raíña Sofía mediante a substitución paulatina das árbores deterioradas por especies singulares, o cambio do peche perimetral, a urbanización interior e unha intervención no parque Aquaciencia.

Co apoio da Consellería de Medio Ambiente, Irisarri Castro avanzou que establecerá plans de vixiancia ambiental no termo municipal que permitan coñecer a calidade do aire, das augas ou o ruído. E, neste punto e co remate da estación depuradora e colectores que se está a levar a cabo en Ferrol, apuntou a necesidade de finalizar tamén as obras de saneamento da zona rural e o seu sistema de depuración.

Neste marco, Vicente Irisarri aposta por establecer un pacto local pola sostenibilidade e a protección do medio e a posta en marcha dun Plan de Actuación Medioambiental para a lexislatura baseado nas conclusións da Axenda 21 Local. Un traballo que se completará coa creación da Axenda Local da Enerxía co obxecto de promover a eficiencia enerxética, a reducción do consumo de auga e a utilización de enerxías renovables no eido municipal, así como introducir criterios de eficiencia enerxética ISO nos procesos de contratación pública.

Por último, o alcaldable socialista subliñou que o seu partido defende a idea de crecemento sostible, un proxecto de cidade no que o desenvolvemento económico e urbanístico non se realice a costa da progresiva degradación do entorno, polo que o seu compromiso será traballar a prol do aproveitamento dos recursos de xeito eficiente e responsable, promovendo políticas nas que a preservación do medio e a recuperación dos espazos degradados se convirtan en sinal de identidade e acheguen valor engadido e calidade de vida á cidade.


Agenda de actos


Mitin central de campaña

Irisarri aposta por un novo Ferrol que crea nas súas posibilidades e esqueza o victimismo do PP
Pérez Touriño veu a Ferrol a falar de futuro e comprometerse a que as obras da segunda fase do porto exterior se iniciarán en xaneiro do 2008

Ferrol, 18 de maio de 2007.

Vamos! Ferrol. Con esta mensaxe de ánimo e optimismo comezou e rematou hoxe Vicente Irisarri, candidato socialista á Alcaldía, a súa intervención no mitin central da campaña. Un mitin que, presentado pola deputada autonómica e número catro da lista, Beatriz Sestayo, contou coa presenza do secretario xeral do PSdeG-PSOE, Emilio Pérez Touriño. Vicente Irisarri presentouse a un auditorio dunhas trescentas persoas como o surfista. Explicou que “onte o señor Feijoo asegurou que os ferroláns tiñan que elixir entre un surfista e un señor que tiña arregrado dous buratos e díxoo co desprezo que nace da ignorancia de quen descoñece o surf, porque este deporte é respeto pola natureza, o mesmo que tivo a mocidade coa costa cando nos encheron as dunas de chapapote, o respeto que lle falta a outros cando queren destrozar Ponzos con plantas de acuicultura, é sinónimo de liberdade, de compartirlo todo, de abrir fronteiras lonxe do que fixo este goberno municipal, que só se pechou en Armas”. Puntualizou o socialista que “non é a miña intención pasarme ao pádel, beber viño e conducir despois”.

E, nesta liña, o alcaldable do PSOE asegurou que o Pantin Classic, que fundou e durante 18 anos dirixiu, constitúe un exemplo claro do que pretende facer en Ferrol. Un exemplo de cómo se inician as cousas grandes: con ilusión, con voluntarismo e coa colaboración de tódalas administracións. Vicente Irisarri apuntou que antonte, sentado na súa tabla de surf, lembraba o día de outubro no que Emilio Pérez Touriño o chamou para dicirlle que Galicia necesitaba a Ferrol e que el encabezase un cambio na cidade que a sacase do victimismo ao que a tiña acostumbrada o PP. Nese momento, subliñou Irisarri, prendeu a ilusión no seu corazón. Engadiu que o Partido Socialista non entende de proxectos personais e que, sen dubidalo, nese momento tomou a decisión de ser o candidato en Ferrol.

A partir de entón, o socialista destacou que, coa axuda dun partido forte e cohesionado, como agora está, elaboraron o programa, que recolle tódalas propostas do mundo da muller, da sanidade, da cultura, da educación... Un programa, engadiu, que completou unha lista de xente decente, a que precisa realmente Ferrol. Así, Vicente Irisarri mostrouse firme ao asegurar que “hoxe sabemos o que queremos, como debemos proxectar ese Ferrol do futuro”. E, como primeira medida, avanzou que dende o Concello practicaráse unha política de portas abertas, na que se escoitará a todo o mundo e que evitará os tumultos habituais nos plenos, xa que o PSOE dará participación a todos os veciños.

O socialista tamén asegurou que “vamos a multiplicar a actividade productiva e o emprego, diversificando a economía”. Ao respecto, explicou que ademáis de conservar e potenciar o naval, o PSOE apostará por outros sectores estratéxicos, dende o marisqueiro ata o turismo patrimonial ou deportivo, pasando polo enerxético ou a acuicultura respetuosa co medio. E, nesta liña, citou como ferramenta importante de futuro o Plan Ferrol, que lembrou apoian tanto sindicatos como empresarios. Así as cousas, solicitou aos ferroláns que teñan confianza nas súas posibilidades. “Temos que pensar no presente e no futuro, xa que non vai volver o Ferrol de Carlos III”, subliñou para, acto seguido, pedirlle ao PP que “poña o reloxio en hora”.

Cooperación

Vicente Irisarri tamén avanzou entre as súas prioridades un cambio de rumbo na política urbanística do Concello. E, nesta liña, asegurou que o primeiro que fará será cumprir coas leis e facer caso á Consellería de Política Territorial, porque “vamos a colaborar en lugares de dicir que ninguén nos quere”. Extendeu tamén esa liña de cooperación a outros concellos da comarca, como Fene, Narón ou Valdoviño, e á cidade herculina. Lembrou neste punto a visita que realizou esta semana ao alcalde e candidato socialista, Javier Losada, e subliñou que “xa chegou a hora de que Ferrol e A Coruña deixen de darse a espalda”.

Asemade, o socialista indicou que se ía ocupar das persoas, despois de que durante os últimos catro anos o PP nada fixese neste campo. “Cometimos erros, pero ninguén nos pode negar o mérito de ter universalizado as pensións, a sanidade, a educación e, agora, a atención ás persoas maiores”, indicou para engadir que “levaremos a cabo todos estes plans coa única receta que coñecemos: o traballo”. “Non volveremos a botarlle a culpa ao árbitro”, afirmou. Aínda así, “necesitamos o respaldo decidido da Xunta e o seu apoio en Madrid e Bruxelas”. Admitiu que “xa o notamos” e, neste senso, puxo como exemplo delo a segunda fase do porto exterior.

Nembargantes, Vicente Irisarri apuntou toda unha serie de proxectos que precisan desa colaboración institucional. Así, citou a chegada do ferrocarril ao porto exterior; o saneamento integral da ría esquecido durante anos polo Goberno de Fraga; a posta en marcha dun Plan Director que permita aos ferroláns disfrutar do patrimonio de Defensa; a Vía de Alta Capacidade que una a cidade con Barreiros pola costa, ou a construcción de vivendas protexidas.

Por último, Irisarri salientou que “esta última semana os socialistas temos que convencer aos cidadáns da importancia do voto”. Así, puxo como principal tarefa “saír á rúa para dicirlles aos ferroláns que isto ten solución, pero que hai que ir ás urnas”. O resto do traballo, concluiu, “farémolo a partires do día 28”.

Falar de futuro

Pola súa banda, Touriño comezou o mitin en Ferrol afirmando que “hoxe veño a falar de futuro, de ilusión, de proxectos; o pasado xa pasou onte por aquí por Ferrol, o pasado rematou onte aquí”, en alusión á presenza de Aznar nesta cidade. “Onte estivo aquí o pasado, e Ferrol o que precisa é futuro”. E, nesta liña, Touriño amosouse convencido de que o vindeiro 27 de maio “os ferroláns van a apostar polo futuro, por Vicente Irisarri”. Pérez Touriño subliñou que os ferroláns “van a apostar por construír unha “cidade vital, innovadora, emprendedora, moderna, dinámica e aberta, van a apostar porque Ferrol recobre o protagonismo que merece, que lle corresponde en Galicia. Cos socialistas Ferrol volverá a ser unha cidade innovadora, de referencia en Galicia”. Así, apuntou que “o que está en xogo en Ferrol o 27 é seguir ancorados no pasado ou incorporarse ao futuro”.

O secretario xeral do PSdeG-PSOE asegurou tamén que o compromiso firme e inquebrantable dos gobernos socialistas de Galicia e España con Ferrol outorgarán á cidade unha nova posición central no eixo Porto-Xixón, grazas á culminación das novas infraestruturas de comunicación, á segunda fase do Porto Exterior e á diversificación industrial promovida desde o Plan Ferrol da Xunta. Por iso, animou a respaldar de xeito maioritario a candidatura de Vicente Irisarri á alcaldía, para que Ferrol se sume ao cambio iniciado en Galicia nas pasadas autonómicas e non lle dea as costas ao progreso. Asemade, Pérez Touriño incidiu en que Ferrol necesita un alcalde como Vicente Irisarri para frear proxectos como a destrución da Fraga de Menáncaro ou a privatización da Praza de España. Un alcalde socialista que, co seu proxecto, volva ilusionar á cidade, a saque da situación de parálise e regresión e a sume ao cambio de progreso que viven Galicia e España cos Gobernos socialistas de Touriño e Zapatero.

Destacou que os Gobernos central e autonómico están a apostar como nunca por Ferrol, con “moitos e moi potentes” investimentos que sen dúbida permitirán abrir “unha nova fase na historia da cidade”. Así, incidiu en que a segunda fase do porto exterior se iniciará en xaneiro de 2008, fronte ás falsidades difundidas pola dereita de que o Goberno central non acometería esta obra. Mentres tanto, estase a traballar para rematar no inicio do vindeiro ano o acceso terrestre a esta dársena, no que se invisten 55 millóns de euros, e están en estudo informativo o acceso ferroviario ao porto, cun investimento de entre 70 e 115 millóns.

En materia de infraestruturas terrestres, o líder dos socialistas galegos sostivo que Ferrol deixará de estar illada e en breve poderá presumir dunha situación “enormemente mellorada” grazas ao esforzo dos gobernos socialistas do Estado e Galicia. A este respecto, lembrou que a Xunta está a investir case 250 millóns de euros na vía de alta capacidade Ferrol-San Cibrao e 185 millóns para rematar a autovía Ferrol-Vilalba. Ademais, salientou que o Ministerio de Fomento está a investir 33 millóns de euros no acceso norte por Fene, Neda e Narón –que entrará en servizo en 2008-, e destinará 65 millóns á vía de alta capacidade San Cibrao-Barreiros, agora en estudo informativo. No tocante ao tren de alta velocidade, incidiu en que a conexión co eixo atlántico será unha realidade grazas ao investimento de 413 millóns de euros.

“Os Socialistas temos a firme vontade de que Ferrol se incorpore por completo ao desenvolvemento do corredor litoral de Galicia. As novas infraestruturas de comunicación outorgarán a Ferrol unha nova posición central”, salientou Pérez Touriño, para incidir en que a mellor mostra dese compromiso é a aprobación do Plan Ferrol por parte do Goberno que preside, que mobilizará un investimento global de 3.000 millóns para incorporar Ferrolterra ao dinamismo económico. Un plan, concluiu, que permitirá a diversificación industrial da zona e a habilitación de máis de 3,6 millóns de metros cadrados de solo industrial.


sábado, 19 de mayo de 2007

Deporte y educación

Irisarri implantará un bono deporte para acceder a todas as instalacións municipais de Ferrol
O candidato socialista aposta por fomentar o deporte base mediante actividades extraescolares de carácter rotativo para nenos de 4 a 16 anos

Ferrol, 18 de maio de 2007.

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Ferrol, Vicente Irisarri Castro, avanzou hoxe a súa intención de implantar un bono deporte que suporá unha tarifa plana para poder acceder a todas as instalacións deportivas a nivel municipal. O obxectivo dos socialistas, engadiu, pasa por situar o deporte como un dos elementos máis importantes da sociedade do benestar. Consideralo máis que un fin, un medio ou ferramenta útil e imprescindible dende diferentes ópticas. Entre elas, a sanitaria, a laboral ou a turística. Asemade, Vicente Irisarri asegurou que apostará forte polo fomento do deporte base a fin de ofrecer aos mozos a oportunidade de coñecer distintos deportes e favorecer así unha alternativa de ocio. Explicou que se trataría dunha actividade extraescolar de carácter rotativo cada dous ou tres meses e dirixida a nenos de catro ata os dezaséis anos.

Nesa liña, o alcaldable socialista tamén aboga por institucionalizar o Día do Deporte Base, con carácter anual, e crear o “Foro aberto deportivo”, no que terán cabida tódalas entidades deportivas e cidadáns de forma individual e onde se debaterán todas as suxestións e proxectos presentados, coa pretensión de ir máis aló dos acordos limitados do Padroado de Deportes. Sobre este último, Irisarri Castro defendeu a modificación dos seus estatutos para conseguir que non só se vexan representados os deportes maioritarios, senón a práctica totalidade das entidades deportivas de Ferrol. E, a maiores, anunciou a súa intención de potenciar o tecido de locais públicos para as entidades deportivas como punto de encontro e traballo do movemento deportivo asociativo de Ferrol.

Vicente Irisarri apuntou que entre as súas prioridades está a de promover o deporte a través da mellora dos equipamentos deportivos nos barrios e elaborar un Plan Municipal de Deporte, onde tamén se fomentará a formación dos monitores, deportistas e directivos, se impulsarán as escolas deportivas e se mellorará a calidade dos propios equipamentos dos colexios.

Turismo deportivo

Por outra banda, o candidato socialista apostou por impulsar o deporte como motor de emprego. Considera que Ferrol debe aproveitar as potencialidades do ámbito da natureza, dos deportes minoritarios e do turismo deportivo, moitas delas aínda sen explotar. Neste senso, Vicente Irisarri propón fomentar o deporte na natureza e o deporte aventura, modalidades que hoxe en día están en auxe. E, así, asegurou que dende o Concello organizaranse competicións deportivas e campionatos locais e comarcais en colaboración con outras institucións.

No marco da óptica do deporte saúde, indicou que unha das prioridades dos socialistas será potenciar e mellorar o trazado dos carrís-bici da cidade, establecendo como obxectivo fundamental a unión da liña costeira a través dos mesmos, non só buscando o fomento da práctica dunha actividade física saudable senón tamén para potenciar o uso de medios de transporte máis ecolóxicos.

Campamentos e na rúa

Asemade, o candidato do PSOE asegurou que, se recibe a confianza dos veciños o vindeiro día 27, proponse executar programas adaptados para as persoas discapacitadas e para colectivos sociais con dificultades de acceso á práctica deportiva, á par que propiciará o aproveitamento de instalacións deportivas de colexios e institutos en horario extraescolar, mediante a posta en marcha dun convenio coa Consellería de Educación e os centros que estipule o seu uso sen restriccións por parte da poboación en xeral. ¿O papel do Concello? Coordinar as distintas actividades, puntualizou.

Por último, Vicente Irisarri subliñou que facilitará o acceso á información das entidades deportivas, xa sexa a través de xornadas de formación ou a través do portal web do Concello. E, nesta liña, fomentará dende o Concello a creación de escolas deportivas municipais, especialmente de disciplinas consideradas minoritarias como a vela ou o remo, e promocionará o deporte na rúa e actividades deportivas nos campamentos urbanos. Neste marco, concluiu que os socialistas establecerán convenios con ximnasios e outras empresas adicadas á organización ou realización de actividades no Concello ou comarca, para que ofrezan aos mozos ofertas que se axusten mellor á súa capacidade adquisitiva para desfrutar das súas instalacións.