Esta es la ola buena!

Esta es la ola buena!

jueves, 25 de octubre de 2007

Medio Ambiente inaugura na Aula de Ecoloxía Urbana a mostra "Galicia conservando a natureza"

Medio Ambiente inaugura na Aula de Ecoloxía Urbana a mostra “Galicia conservando a natureza”

· María López explica que a exposición consta de 22 paneis explicativos e dunha proxección de vídeo

· A edil indicou que a mostra pretende contribuír a sensibilizar á cidadanía sobre os espazos protexidos


Ferrol, 24 de outubro de 2007.-

A concelleira de Medio Ambiente, María López, invitou a tódolos cidadáns a asistir á exposición “Galicia conservando a natureza” que, organizada pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, da Consellería de Medio Ambiente en colaboración co Concello de Ferrol, se inauguraba esta mañá na Aula de Ecoloxía Urbana. De feito, a mostra, de carácter itinerante, recibía a primeira hora aos primeiros grupos de escolares. Así, María López lembrou que a exposición permanecerá aberta ata o vindeiro domingo, día 28.

De carácter itinerante, “Galicia conservando a natureza”, pretende que a cidadanía aprenda a valorar os diferentes aspectos ambientais e patrimoniais que teñen os espazos naturais protexidos. Tamén sensibilizar en prol da conservación da biodiversidade de cara ás xeracións futuras.

A mostra está composta por 22 paneis explicativos máis a proxección do vídeo “Os parques naturais de Galicia”. Cada sesión ten unha duración aproximada dunha hora. Nesta liña, a edil explicou que unha educadora ambiental guiará a visita a aqueles grupos organizados que a concerten. Fóra disto, os ferroláns que a queiran visitar estarán acompañados das monitoras da Aula de Ecoloxía Urbana, que lles ofrecerán as explicacións oportunas.

“Galicia conservando a natureza” está destinada tanto aos escolares cun nivel superior a 5º de Primaria como ao público en xeral. Neste senso, a concelleira de Medio Ambiente explicou que a semana pasada se enviou a información aos centros educativos do Concello para que participen desta iniciativa, subliñando a importancia de achegarse á riqueza natural e paisaxística destas áreas, así como á necesidade da súa posta en valor.

Entre os paneis que permanecerán expostos figuran os dos humidais da lagoa e areal de Valdoviño ou o do Parque Natural das Fragas do Eume.


No hay comentarios.: